O Club Baloncesto Noia caeu na súa visita á Estrada (81-59)

28 Outubro 2021

O Berberecho Noia non comezou da mellor maneira esta Primeira División Galega. Os noieses caeron derrotados contra A Estrada nun partido igualado ata o terceiro cuarto, onde os locais se escaparon no marcador para vencer finalmente 81-59.

Foto do CB Noia de Bernabé/Javier Lalín (Faro de Vigo)

Os noieses comezaron o encontro dubitativos e imprecisos, en gran parte provocado polo bo facer da estrada, que dominaron no marcador nos primeiros minutos. No segundo cuarto, os pupilos de Jesu Souto fóronse impoñendo na cancha para conseguir apertar o marcador ao descanso (32-29). Quedaba todo por decidir para a segunda parte.

Logo do paso por vestiarios, a Estrada meteulle máis ritmo ao xogo e comezou a atacar de forma moi cómoda, e o Noia non foi quen de frear o ataque local. Neste terceiro cuarto foi onde se decidiu o partido, cun parcial de 33-15. O último cuarto foi un mero trámite para rematar co resultada final de 81-59.

Con esta derrota, os noieses seguen sen saber o que é gañar nesta tempada 2021-2022 logo de dúas xornadas. Manu, con 16 puntos, foi o home máis destacado dos visitantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...