O Ciclo de Novos Intérpretes de Rianxo trae este venres a Bernal Muíños ao Auditorio Municipal

29 Outubro 2021

Segue adiante en Rianxo, con novas e relevantes actuacións, a cuarta convocatoria do Ciclo de Novos Intérpretes que organizan este outono o Concello e a Escola de Música local. O certame comezou o sábado 23 de outubro, ás 20.30 horas no Auditorio, cun concerto a cargo de Óscar Vázquez ao trombón baixo e Yamini Teresa ao piano. A seguinte cita é este venres 29, da man do rianxeiro Bernal Muíños, que virá acompañado do seu cuarteto de jazz. O concerto terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal ás 20.30 horas.

Xa metidos en novembro, o día 12 será a quenda do Víctor Bouzas Quarteto (trompeta), tamén ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio, ao que seguirá o concerto de Alba Franco (arpa) o 26 de novembro, no Auditorio. O ciclo remata con Lucía Mata (fagot) e Diego Mata (piano) o día 10 de decembro, igualmente no Auditorio de Rianxo ás 20.30 horas. En todos os casos cómpre facer as reservas de entrada (gratuíta) na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.