O Centro de Saúde da Pobra acometerá melloras por valor de 50.000 euros

25 Outubro 2021

A xerente da área, Eloína Núñez, visitou o Centro de Saúde de A Pobra esta mañá acompañada polo alcalde e membros do equipo directivo da área sanitaria. Cada administración aportará o 50% do custe total

A xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez, visitou esta mañá o Centro de Saúde de A Pobra, no que se realizarán diversas obras de mellora por valor duns 50.000 euros. O edificio que é propiedade municipal contará con financiación aportada ao 50% por cada administración: xunta e concello. Ademais, a xerente da área comunicou aos profesionais que o centro de saúde pasará a constituírse como servizo propio de Atención Primaria, pasando a ser independente do de Ribeira. No encontro cos profesionais a doutora Núñez estivo acompañada polo alcalde de A Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, e membros do equipo directivo sanitario: María José López Rebollo, directora de Recursos Económicos, Salvador Mariño, director do Distrito Sanitario do Barbanza, Ana Turnes, subdirectora Médica de Atención Primaria e Montserrat Souto, subdirectora de Enfermería de Atención Primaria.

As obras executaranse neste mesmo ano e procederase, nunha primeira fase, á renovación de ventás, modernización da zona de lavado de mans de consultas e pintado xeral interior. Tamén se reformará a zona de duchas e os baños do 1 andar e do andar 0. No exterior realizarase o encintando da fachada. O vindeiro ano planificaranse e desolveranse novas actuacións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.