O Barbanza Rugby Club debuta con derrota fronte ao Pontevedra

27 Outubro 2021


P.P. Voltou á competición oficial o Barbanza Rugby Club. Despois de moito traballo durante moito tempo para lograr confeccionar o plantel, os de Rianxo saltaron esta na segunda xornada ao verde para enfrontarse ao Pontevedra.
O equipo dirixido por Parada saíu derrotado nun encontro no que debutaron tres lesionados e dous xogadores debutaban no deporte. O Barbanza Rugby loitou durante todo o encontro, sen dar un balón por perdido, pero a experiencia e a calidade do rival impúxose desde o primeiro momento. O técnico afirmo que “é unha dura derrota, pero o importante foi que non se mancou ninguén dado mos poucos efectivos cos que contamos”.
Este domingo os rianxeiros enfrontaranse ao Ourense R.C. “B” na casa, onde esperan facer un mellor partido ante un rival máis asequible que o da xornada anterior. Desde logo, a pesar da derrota, Barbanza Rugby Club saíu gañando nesta xornada, xa que o principal obxectivo era saír a competir e evitar a desaparación do club, e iso está máis que logrado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.