O audiovisual máis comprometido co medio mariño estará presente na Mostra Mares do Fin do Mundo (Outes)

20 Outubro 2021

A Mostra Mares do Fin do Mundo (MDFDM) que impulsa o Concello de Outes co obxectivo de dar a coñecer obras destacadas do cinema documental que aborden temáticas de relevancia para o gran piar económico e ambiental da nosa contorna (o mar), porá o foco en cuestións de urxencia como a pesca sustentábel, a protección do medio mariño ou a conservación e posta en valor das comunidades pesqueiras tradicionais e os seus territorios culturais.

Desenvolverase ao longo de catro xornadas, entre os días 29 de outubro e 1 de novembro. Os detalles da mostra serán debullados este venres 22 de outubro ás 12:00h no Centro Náutico do Freixo (Outes), nunha presentación ante os medios de comunicación que contará coa presenza do alcalde Manuel González López, e o director da Mostra, o realizador Marcos Gallego Fernández.

Segundo adiantaron, o certame terá unha nova sección competitiva na que concorren quince filmes internacionais e nacionais, que optarán ao Premio do Público. Asemade, o programa contará con proxeccións especiais, que inclúen a exhibición de distintas obras documentais que terán a súa estrea en España. Todas as proxeccións terán lugar na Casa da Cultura da Serra de Outes nas tardes do 29/10 ao 1/11. As mañás de MDFDM2021 desenvolveranse no Centro Náutico do Freixo, cunha gran variedade de actividades paralelas.

A mostra MDFDM2021 está organizada polo Concello de Outes, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e o apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Ademais, Mares da Fin do Mundo forma parte de Proxecta (Coordinadora galega de festivais de cinema).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...