O alumnado do obradoiro forestal de emprego de Boiro visita os tesouros ambientais do Pazo de Goiáns

28 Outubro 2021

O alumnado que participa no Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro, visitou este 28 de outubro a finca do Pazo de Goiáns para coñecer de primeira man as liñas de actuación que segue o Concello de Boiro co obxectivo de poñer en valor a contorna medio ambiental da histórica construción. Precisamente esta contorna natural é un dos lugares onde o alumnado vai actuar dentro da formación do obradoiro dual de emprego.

A formación comezou o 15 de outubro e vaise desenvolver ata o mes de xullo de 2022. Durante os nove meses o alumnado vaise formar nas especialidades de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes (nivel 1) e Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas (nivel 2), nas que participan un total de 20 alumnos/as repartidos nas dúas modalidades.

O alumnado traballador formaliza un contrato para a formación e aprendizaxe a tempo completo, de 40 horas semanais, durante 9 meses en horario de 7.30 a 15.30 horas. Ademais das horas de formación teórica, as e os participantes van desenvolver os traballos no acondicionamento da finca de Goiáns e outros emprazamentos naturais do termo municipal.

O Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro conta co financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ao abeiro das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...