O alumnado de Infantil e Primaria do CPI Cernadas de Castro participa nos obradoiros de Lousame Coeduca

22 Outubro 2021

O alumnado de Infantil e Primaria do CPI Cernadas de Castro participou durante esta semana nos obradoiros do programa Lousame Coeduca, posto en marcha polo Concello de Lousame e a Secretaría Xeral da Igualdade para sensibilizalos en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero. O alumnado da ESO sumarase aos
obradoiros durante a próxima semana polo que, cando finalice, o Lousame Coeduca terá chegado a un total de 325 alumnos e alumnas, de entre 3 e 16 anos, do CPI Cernadas de Castro de Lousame a través de sete obradoiros de estereotipos, corresponsabilidade, emocións, cine, teatro, baile e radio en igualdade.
A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, explica que “Lousame Coeduca inclúe actividades dirixidas á poboación infantil e xuvenil para favorecer a coeducación e a promoción da igualdade de oportunidades. O noso obxectivo é fomentar a desaparición dos roles e estereotipos de xénero, da violencia sexual e do uso non axeitado da Internet e das novas tecnoloxías”.


Así, catro dos obradoiros buscan erradicar estereotipos e previr a violencia de xénero, ao tempo que promoven a igualdade e a resolución pacífica dos conflitos. Contan cunha parte lúdica, no que se empregan instrumentos como o cine, o teatro, o baile ou a radio; pero tamén con outra parte pedagóxica para promover a creatividade, a comunicación e a interpretación.
Un dos obradoiros máis atractivos é o da Radio Coeducativa, no que o alumnado asistente gravará un programa para promover a igualdade con novas, tertulia e presentación en director. Silvia Agrafojo agradece a colaboración do profesorado do CPI Cernadas de Castro e adiante que “se editará o obradoiro de radio completo en formato mp3 como actividade de escoita para o alumnado e para o resto da cidadanía de Lousame”.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.