O adestrador do Rotogal Boiro confía en competir de “igual a igual” contra o Teruel na Cachada

21 Outubro 2021

O Rotogal Boiro Voleibol ten unha cita deportiva de especial relevancia este sábado 23 na Cachada, ás sete da tarde contra o Teruel, un dos candidatos a transitar pola zona alta da táboa. O técnico local, Marcelo Chino Benavídez afronta o duelo ante os aragoneses con ambición: “Eles son un equipo con bos xogadores. Vin o tres partidos que disputaron e contan con individualidades importantes, así que agardamos recibir un rival forte co que, seguramente, podamos competir de igual a igual”.

En principio, o Rotogal Boiro Voleibol contará con todos os seus efectivos para recibir o sábado ao Teruel. Para elevar un punto máis o nivel competitivo dos seus, o adestrador e os xogadores prometen facer un esforzo extra para reducir o número de erros: “No encontro da pasada xornada, vin ao equipo xogar por momentos moi ben e fallar moito noutros momentos, que son características que temos que corrixir canto antes”. Sobre a marcha do Rotogal Boiro Voleibol na Superliga, na que acumula un triunfo ante o San Sadurniño e dúas derrotas nos desprazamentos ás pistas de Guaguas e Unicaja Almería, o técnico comenta que “non sei se os resultados son lóxicos, pero son xustos, porque é o que marcou o resultado final. Pero, para min, o lóxico sería gañar o tres partidos”.

Un intre do partido contra o Unicaja Almería

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

Aproveitarse da boa fe das persoas que o están pasando mal e que non poden acudir a unha entidade financeira en busca de financiamento, poñendo como garantía a vivenda habitual é algo inhumano. Pois si, hai moitos personajillos usureiros, considerados como...

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

O pasado venres 7 de abril a Asociación Etnolóxica ADMR de Castelao ofreceu no pazo Martelo, en Rianxo, unha homenaxe a José María Vicente Somoza, na celebración do 50º aniversario do achado do Casco de Leiro o 7 de abril de 1976. Este día, José María traballaba nun...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.