“O aborto en España” – José Manuel Pena

14 Outubro 2021

O dereito á interrupción voluntaria do embarazo, o aborto, e o dereito a unha morte digna, a eutanasia, son un claro exemplo da verdadeira liberdade individual das persoas. No entanto, en España, a pesar de estar reguladas legalmente, non sempre se cumpre por “presións” políticas e profesionais dos responsables ou supervisores dalgúns centros sanitarios públicos.

Para algunhas persoas o aborto pode ser un drama pero tamén é unha realidade e para iso está regulado legalmente. Iso non significa que unha muller teña que abortar, senón que as administracións públicas teñen a obrigación de facilitarlle os medios apropiados para poder exercelo con liberdade, sen acoso nin presións de ningún tipo.

A realidade do aborto en España é algo surrealista, segundo a provincia ou Comunidade Autónoma de que se trate. Tamén, desde os colexios profesionais de médicos insístese na ”obxección de conciencia” dos facultativos e moitos deles pasan de asumir este tipo de prácticas na sanidade pública. Iso non é liberdade, iso é impor as súas propias crenzas ou ideoloxías por encima do desexo das persoas.

Neste sentido, hai que lembrar que os colexios profesionais de avogados deben garantir o dereito á asistencia xurídica gratuíta para todos os cidadáns, aínda que o solicitante sexa un asasino ou violador confeso. Ninguén pode quedar indefenso por falta de defensa xudicial, e iso a pesar da “obxección de conciencia”. Hai que ser máis serios e menos demagogos e insubmisos.

Chama moito a atención a hipocrisía dalgunhas persoas que se manifestan estar a favor da vida e contra o aborto e logo aplauden as guerras e miran para outro lado ante a miseria e a precariedade económica e social de moitas familias que malviven no seu propio barrio ou no seu mesmo edificio. Cousas da vida.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.