Noia e Mondoñedo inician este sábado un espectáculo itinerante con destacados gaiteiros de España e Portugal

22 Outubro 2021

Este sábado 23 de outubro a xira dos Piperegrinos (As Gaitas do Camiño) vai facer unha parada en Noia, concretamente na praza do Curro ás 12.00 horas. Segundo os principais protagonistas da xira, será “unha boa oportunidade para desfrutarmos da irmandade das distintas gaitas ibéricas”.

A entrada será de balde ata completar aforo, enviando un correo electrónico a culturaconcellodenoia@gmail.com; indicando nome, DNI, teléfono de contacto e número de convites (ata 4 por reserva).

Como dixemos, As Gaitas do Camiño é un itinerario de actuacións nas que participan gaiteiros e músicos de diferentes partes da Península Ibérica, amosando os diferentes sons do Camiño. Ata 17 músicos compartirán escenario neste concerto dirixido polo galego Óscar Ibáñez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...