“José Lino Rivas Pena cumpriu os seus soños”. Antón Luaces

23 Outubro 2021

Hoxe, vendo e sentindo a Teresa Perales, premio Princesa de Asturias dos Deportes 2021, cando lanzaba a súa mensaxe de superación e fe nun mesmo (“Quen me ía dicir en 1995 cando escoitei as verbas “non vas volver andar” que o camiño a percorrer na miña sela ía a me levar ata aquí!”) véuseme á memoria a imaxe e a forte personalidade de José Lino Rivas Pena, un riveirense de Fafián a quen sempre tiven como gran amigo e como exemplo a seguir en calquera circunstancia.

Teresa Perales é a gañadora de 27 medallas paraolímpicas no eido da natación. Lino Rivas, afectado desde neno -desde os 9 anos, se non me trabuco- pola poliomielite foi quen de gañar todos os dìas da súa curta vida a medalla do recoñecemento da súa valía profesional a partir do momento no que, en Pontevedra, lle pechaban a porta a súa intención de ser mestre: por ser coxo e por ter problemas para pronunciar o “q” ou o “ca”. Lino Rivas -fillo e sobriño de senllos policías municipais- non perdeu a conta. O primeiro que fixo foi aprender mecanografía e electrónica, está a través dunha academia (Maymó) a distancia. Ao propio tempo e coa colaboración dun coñecido contable local, comezou a súa andaina administrativa nun taller mecánico e de aquí pasou ás oficinas de Conservas Vilas e varias outras empresas de construción ata que CONRESA o fichou como xerente. 

Lino era coñecido por toda Ribeira, cuxa poboación soubo ver en el un exemplo de superación. As súas medallas paralímpicas viñan en forma de vitorias xogando ao ping-pong nas poucas horas libres que tiña. sempre apoiado na muleta de madeira -co bastón tamén de madeira á espreita- e a pá ou raqueta na man dereita, a brincos cara adiante, de lateral, cara atrás, suando e resoprando porque ningún dos que xogabamos contra el concediamos cuartel a aquela máquina de devolver mates  e saques esquinados. Bo comedor, Lino outorgábase a sí mesmo a capacidade de saber de bos viños, pementos de Herbón, esquisitos peixes e saboroso marisco. Eran as regalías que se permitía e que Lola, a irmá, lle preparaba primeiro na casa familiar e posteriormente na que el mesmo deseñou para sí e os seus a escasa distancia daquela na que convivira coa súa tan querida nai, o seu pai  e os seu irmáns.

José Lino Rivas Pena foi, amáis, o gran valedor de Radio Riveira, unha emisora parroquial cuxas instalacións ocupaban parte do primeiro andar dunha casa situada fronte ao cimeterio vello, propiedade da igrexa. Soubo Lino, conducir con man experta a dirección da radio na que traballaron María Dolores Folgar, María de los Ángeles Cores, Manuel Millán, Fernando Cores, María Victoria Sarasquete, Eduardo Mera e outros mozos e mozas locais, algúns deles con carreira feita posteriormente nas radios comerciais.Ao igual que Teresa Perales antes de recoller o premio Princesa de Asturias dos Deportes 2021 cando se refería a súa nai (“Miña  nai. Sebi, sempre tivo a certeza de que tiña un sitio ao que chegar”) a nai de Lino tampouco dubidou de que este tiña reservado o seu e sempre foi ese punto de apoio que a “polio” roubara a meu amigo Lino Rivas cando aínda era un cativo.

Centos de veces baixando e subindo a costa de Fafián pola estrada de Ribeira a Carreira, a muleta de madeira baixo o brazo esquerdo, na man dereita un bastón tamén de madeira que, en días de choiva, podía trocar por un paraugas. Finalmente e dada a corpulencia do meu amigo, este recorreu a unha muleta de pesado aluminio que lle daba máis seguridade no apoio ata entrar no seu vehículo automático, que conducía sen problema.

Lector, devorador de libros, sempiterno melómano,. amigo dos seus amigos, defendeu sempre avanzar como sociedade, ao igual que o fixo Teresa Perales que dixo hoxe: “Hai que seguir mellorando, sen dúbida, e está claro que seguimos sen ser unha sociedade ideal pero agora alomenos sabémolo e somos moitos, aínda que non todos, os que nos esforzamos en mellorala e facela avanzar cara a igualdade de todas as persoas”. Nesa liña estaba José Lino Rivas Pena, un radiofonista riveirense a quen lle negaron os estudos de Maxisterio por ser coxo e ter atrancos no seu léxico, cuxos restos descansasn dende vai unas anos no cimeterio de Frións, perto do que fora campo de fútbol ao que tantas veces Lino asistira.

Outros artigos

O BNG celebra en Ribeira un acto para conmemorar o Día da Patria Galega

No marco da campaña previa á celebración do Día da Patria, o 25 de xullo, a organización nacionalista celebrou un acto na localidade de Ribeira poñendo en valor o traballo que o BNG realiza na defensa dos intereses dos galegos e galegas e a transformación a mellor das...

+

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

“Vacacións” – Xulio Xiz

“Vacacións” – Xulio Xiz

Hai uns días caeron sobre as nosas cabezas puñadas de xeo que estouraban no chan como balazos. Eran as dúas da madrugada, e o fenómeno aconteceu polas terras de Begonte sen que chegase a Lugo. A descarga poñía remate a temperaturas que facían suar os reloxios dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.