In Memoriam: “Os González Mariño, institución en sí mesmos na docencia”. Antón Luaces

23 Outubro 2021

Tres irmáns: Bernardo, Ramón e Ventura. Os tres, mestres; dos tres, só un, Ventura (“Turita”) pervive. Porque Bernardo deu en agosto pasado un xiro á súa existenza, dicindo adeus a unha ecuación de segundo grao que o levou dos libros cara ao infindo. Ramón, ven de facer o mesmo nestes últimos días do outubro, cando o merlo canta baixiño entre os vellos carballos de Deán. 

Os tres irmáns sempre foron coñecidos polos deminutivos dos seus nomes: “Nardín”, “Monchín” e o xa citado “Turita”.
“Nardín”, don Bernardo, xunto con “Monchín”, don Ramón, comezaron aló polos anos 50 do século pasado, formando unha xeración de cativos de distintas idades nunha Riveira que recendía a fábricas de conservas, “casca” para dar cor aos aparellos de fío e á brea coa que se carenaban as dornas. 

Nun edificio de dous andares da rúa Manzanares, en Bandaurrío, abeirando á conserveira Cerqueiras, os irmáns Lens -nomeadamente as fillas maiores, Maricarme e Maribel, se mal non lembro-, Chicho Villa, Joaquín e José María Santos, María Dolores Folgar, Pancho Ageitos, Cipriano Paz, Jesús Vidal Ageitos, Domingos Vázquez, os fillos do daquela xerente de La Fe, as fillas do responsable de RENFE, meu irmán Pepín e máis eu, entre outros, recibiamos dos irmáns “Nardín” e “Monchín” toda a información necesaria para a nosa formación, uns para o bacharelato, outros para ir tirando , sempre da man duns profesores ben metidos nas materias de referencia…

Vista do barrio ribeirense de Bandourrío na década dos cincuenta do século XX

Posteriormente, “Monchín” abriu o seu colexio perto do daquela cuartel da Garda Civil, ao tempo que daba clases de latín e Ciencias na Academia Santa Eugenia,  e “Nardín”, de matemáticas. Este comezaba a súa andaina política coma concelleiro e delegado local do Frente de Juventudes para, xa en democracia, retomar a actividade municipal no Partido Galego Independente, que lideraba en Galicia o exrector da Universidade da Coruña, José Luis  Meilán Gil.Ramón González Mariño, “Monchín”, preparou tamén a distintas promocións de patróns e maquinistas, homes xa feitos e dereitos que saían da escola perfectamente preparados para sufrir o exame que os habilitaba para o exercicio da súa profesión no sector marítimo-pesqueiro.

O terceiro irmán (Ventura-“Turita”), que asistía como un alumno máis ás clases da Academia Santa Eugenia, tamén entrou de cheo no mundo do ensino, no que tamén desenvolveu unha actividade sindical máis que meritoria na cidade da Coruña.

A morte de don Ramón, tan próxima á de don Bernardo, é un motivo máis para nos laiar da desaparición de dous puntais na formación de numerosos riveirenses para os que sempre tiveron unha atención que ía moito máis aló do que esixía o ensino privado daquel tempo.

Que a terra lles sexa leve.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.