Héctor Guerra e o Mago Teto rende homenaxe á maxia dos afiadores en Boiro

11 Outubro 2021

Este venres 15 de outubro temos en Boiro unha cita co ámbito creativo onde se xuntan a maxia e a cultura tradicional galega. Estamos a falar do espectáculo O afiador, que van ofrecer Héctor Guerra (actor e director) e o Mago Teto no auditorio da Casa da Cultura local. A cita, que comeza ás 20.00 horas, será moi axeitada para público infantil e familiar. O aforo é limitado, e as entradas estarán dispoñíbeis na Casa da Cultura, no mesmo día da función, a partir das 18.00 horas.

O afiador é un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, herdada polo Mago Teto dos seus antergos. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX (e practicamente extinguido no século XX), desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns meses, mesmo anos, coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena, da man deste espectáculo, coa axuda do ilusionismo.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.