Este sábado chega a terceira etapa da Regata Alca con saída da Pobra

21 Outubro 2021

Este sábado 23 de outubro, con saída ás 14:00 nas inmediacións da Pobra do Caramiñal, celebrarase a terceira proba do catro que dan forma á Regata Alca, organizada polo Club Náutico Arousa Norte (A Pobra do Caramiñal).

En ORC A, a embarcación Chispetrén, de Jesús Iglesias, chega como líder despois de sumar dous primeiros postos noutras tantas mangas disputadas. Acompáñalle no podio provisional o Mus, de Rafael Villanueva e o Alpha de Manuel Nieto.

En ORC B, o rianxeiro Piolín mantén o liderado grazas ao primeiro posto na primeira manga pero unha picada na segunda deixa esta categoría moi aberta, coas catro primeiras embarcacións separadas por un punto entre elas.

O Orlando, do Náutico Arousa Norte, na Clase ORC C domina con dous primeiros aos seus rivais, pero a escasa diferenza con todos eles non lle permite un tropezón. O Galopín e o Piko Norte esperan a súa oportunidade para apertar máis esta clase e deixar todo aberto para a última manga.

O parte meteorolóxico augura un día con ventos frouxos de compoñente sur, o que pode abrir aínda máis as opcións tácticas dos patróns nun percorrido costeiro polo interior da ría de Arousa.

O veleiro Mus nun intre da segunda etapa da Regata Alca

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...