O Centro Cultural Lustres Rivas exhibe dende a noite de onte unha nova exposición titulada “Madeiras a Deriva- Sílabas de auga”, do artista leonés Jesús A. Martínez Lombó, nado en 1963.
O acto inaugural contou coas intervencións do propio autor e da concelleira de Cultura e primeira tenente de alcalde, María Sampedro, quen animou á xente a contemplar esta nova proposta artística, composta por máis de corenta pezas talladas en pedra e madeira que teñen a particularidade de que foron feitas a partir de materiais recollidas na costa, fundamentalmente das rías de Barbate e Arousa.
No pasado abril a mostra estivo exposta na Biblioteca Municipal de Astorga, servindo para retomar a actividade expositiva desta instalación logo da interrupción provocada pola pandemia.
No Lustres Rivas pódese visitar ata o 13 de novembro, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 e tamén os sábados de 11.00 a 14.00. A entrada é de balde.
O Concello de Ribeira saca a poxa pública 12 prazas de garaxe e 14 rochos
O Concello de Ribeira sacou a poxa pública 12 prazas de garaxe e 14 rochos (trasteiros). Dita poxa está publicada no perfil de contratante, na sede electrónica do Concello, e máis no taboleiro de anuncios da web do concello. Segundo se explican nas bases, cada...