En Rianxo proxecto a tres anos de mantemento de xacementos arqueolóxicos

16 Outubro 2021


Coa presenza de varios particulares e membros das comunidades de montes, nos que se insire este proxecto do Concello de Rianxo, mantívose unha xuntanza no Salón de Plenos, para dar a coñecer polo miúdo o seu desenvolvemento.
Abrangue unha zona especialmente rica en xacementos arqueolóxicos, especialmente mámoas e petróglifos, para os que se trazou un proxecto para garantir con medios propios do municipio a limpeza da contorna, eliminando a matogueira inmediata e desbroce durante tres anos dirixindo un arqueólogo estes labores. Trátase dunha zona entre Leiro e Isorna até Asados, desde o Os Mouchos a Monte Picouto. Inclúe espazos como a Foxa Vella, Os Campiños, o Monte Pelotiño, con mostras relevantes e que configuran un percurso de grande interese histórico. Tamén é moi relevante o efecto que a limpeza ten fronte os incendios forestais.
Para explicar o proxecto asistiu o arqueólogo redactor, Mario Cesar Vila, o concelleiro de patrimonio, Xavier Ares, e o Alcalde, Adolfo Muíños, que expuxeron os obxectivos, a metodoloxía de traballo e a petición aos propietarios de que dean o permiso oportuno para executalo. Sería despois remitido a Patrimonio, con quen xa se avanzou o seu desenvolvemento.
Hai varios anos o Concello xa realizara unha limpeza importante dos Campiños e procúrase a continuidade deste labor, así como seguir apoiando sexa declarado BIC como aprobou o pleno rianxeiro.

C.R.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.