En Outes aumentan os beneficiados no servizo de axuda ao fogar

A Consellería de Política Social aprobou a petición do incremento nas horas do Servizo ao fogar por parte do Concello de Outes, o que permite ampliar ata as 2.555 horas mensuais .

Segundo o rexedor Manolo González, esta medida elimina a lista de espera que tiña nese departamento de dependencia. A partir do 1 de novembro, serán 65 as persoas que poderán beneficiarse do servizos de axuda no fogar.