En Boiro o Concello amplía o programa de compostaxe con medio cento de contedores máis para as familias

04 Outubro 2021

A Concellería de Medio Ambiente de Boiro informou a adquisición de cincuenta novos composteiros para repartir en vivendas unifamiliares do termo municipal e ampliar así o plan de compostaxe doméstica que promove SOGAMA e ao que está adherido o Concello. Fontes do Consistorio engadiron que dende que se iniciou este programa no ano 2019, repartíronse xa un total de 150, aos que suma agora un nova nova remesa de medio cento de recipientes.

Medio Ambiente de Boiro sinala que as persoas que desexen participar nesta iniciativa poden poñerse en contacto con este departamento para inscribirse no programa e recibir na casa o seu composteiro para empezar a empregalo, amais de formación axeitada para o seu correcto uso.

O programa está destinado a vivendas unifamiliares de todas as parroquias do municipio e o obxectivo desta iniciativa é fomentar a reciclaxe de materia orgánica converténdoa en abono natural, unha técnica que alén de permitir a obtención de compost, reporta “importantes beneficios ambientais e económicos”, sinalou o Goberno local, engadindo que o obxectivo é “seguir achegando este programa de compostaxe ao maior número de vivendas do municipio xa que se consegue unha media de aforro na xestión de ente 600 e 800 litros de desperdicio por familiar ao ano”.

Para inscribirse no programa de compostaxe doméstica do Concello de Boiro hai que poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente, de xeito presencial no segundo andar da casa consistorial, no teléfono 981 37 75 85 ou no enderezo electrónico medioambiente@boiro.org.

Outros artigos

San Vicente de Cespón celebra as festas do seu patrón

A parroquia boirense de San Vicente de Cespón celebra esta semana as festas na honra do seu patrón. Será unha festa en dúas quendas: por unha banda a vertente relixiosa que se concentra este mércores 22 e pola outra a troula nocturna do sábado 25 de xaneiro (a partir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...