De Ste Xeito leva Feminíssimas a Muros este sábado 23

23 Outubro 2021

De Ste Xeito Producións, a produtora na que milita a escritora e actriz rianxeira Esther Carrodeguas, compartiu con nós as súas novidades para esta cuarta finde de outubro, que vai ser moi intensa en materia de actividade arredor da obra Feminíssimas. Serán, en concreto, tres citas teatrais nos concellos de Baiona, Muros e Mos: tres citas que “complementarán parte da nosa longa e intensa xira de outono deste ano, chegando á friorenta cantidade de trece actuacións no próximo mes de novembro por toda Galicia”, sinalan dende a produtora.

-Venres 22 de Outubro, ás 21h no Auditorio V Centenario do Concello de Baiona. Aforo limitado e entrada gratuíta.

-Sábado 23 de Outubro, ás 21h no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil do Concello de Muros. Aforo limitado e entrada de balde.

-Domingo 24 de Outubro, ás 19h no Auditorio do Centro Dotacional e Recreativo de Torroso do Concello de Mos. (programa Tornar Ás Táboas) Aforo limitado e entrada de balde.

Sinopse

Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”. Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Esta é a base de Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analiza dende a comedia de que maneira as mulleres “estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas”, sinalan dende a produtora.

Outros artigos

O domingo 17 de maio celébrase a sétima edición da BTT de Esteiro

A Asociación Deportiva Os Salta Rejos, coa colaboración do Concello de Muros, organiza o próximo domingo 17 de maio a VII BTT de Esteiro. “Será na área recreativa do Artón, cunha ruta longa e outra curta”, explicou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, na...

+

Arrancou en Portosín o Campionato de España ILCA Master

O Campeonato de España ILCA Máster arrancou este venres en Portosín cunha xornada marcada polas dificultades meteorolóxicas na ría de Muros e Noia. A ausencia de vento estable impediu completar manga ningunha, tras máis de sete horas de espera no campo de regata....

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.