Carme dos Pincheiros e o Nazareno festivos locais da Pobra no 2022

01 Outubro 2021

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada deste xoves 30 a sesión ordinaria do pleno da Corporación, a cal contou coa ausencia das concelleiras Patricia Lojo (PSdeG-PSOE) e María González (PP). Entre outros acordos destacados inclúese unha proposta para esixir ao Goberno central medidas que impidan o aumento do prezo da luz e outra para que se elimine a débeda que as entidades locais contraeron co Estado. Tamén houbo consenso, entre outras cousas, en habilitar unha partida para axudar ás persoas afectadas polo volcán de La Palma.

A orde do día ao completo foi a que figura a seguir:

1. Proposta de alcaldía datas para a determinación das festividades locais para o ano 2022. 22 de agosto, luns do Carme dos Pincheiros, e 19 de setembro, luns do Nazareno. Aprobada con 9 votos a favor (Nós Pobra e PP) e 2 abstencións (BNG).

2. Proposta alcaldía aprobación provisional de crédito extraordinario 03/2021 e modificación de subvención nominativa. Aprobada por unanimidade.

3. Moción do grupo municipal do PP relativa ó estado de conservación da rede viaria do municipio. Denegada con 4 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra e BNG).

4. Moción do grupo municipal do PP para instar ó Goberno de España a por en marcha medidas que impidan o aumento do prezo da enerxía eléctrica. Aprobada emenda de engádega do PP á moción orixinal con 4 votos a favor (PP), 2 en contra (BNG) e 5 abstencións (Nós Pobra). Deseguido, efectuouse a votación da emenda de substitución do BNG á moción emendada e saíu adiante con 7 votos a favor (BNG e Nós Pobra) e 4 en contra (PP). Por último, procedeuse coa votación da moción emendada, que foi aprobada con 7 votos a favor (BNG e Nós Pobra) e 4 en contra (PP).

5. Moción do grupo municipal do PP para instar ó Goberno de España a por en marcha medidas que eliminen a débeda que as entidades locais contraeron co Estado. Aprobada a emenda de substitución presentada polo BNG con 7 votos a favor (BNG e Nós Pobra) e 4 en contra (PP). Aprobada a moción emendada con 7 votos a favor (BNG e Nós Pobra) e 4 en contra (PP).

Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, posteriormente, dar paso ós seguintes asuntos de urxencia:

1. Proposta da alcaldía sobre solicitude de subvención nominativa á Excma. Deputación para o proxecto de Ampliación do Edificio de Usos Náuticos. Aprobada a urxencia con 9 votos a favor (Nós Pobra e PP) e 2 en contra (BNG). Aprobada a proposta con 9 votos a favor (Nós Pobra e PP) e 2 en contra (BNG).

2. Proposta da alcaldía sobre solicitude de subvención nominativa á Excma. Deputación para o proxecto de Dinamización do Espazo Colaborativo Coworking Pobra. Denegada a urxencia con 5 votos a favor (Nós Pobra) e 6 en contra (BNG e PP), polo que xa non se efectuou o debate.

3. Moción do grupo municipal do PP para que se habilite algún tipo de partida económica para axudar a todos os afectados a causa da erupción volcánica, a cal se canalizará a través do Cabildo, Concellos afectados ou calquera outro organismo que a faga chegar de maneira áxil ós afectados. Aprobada a urxencia por unanimidade. Aprobada a moción por unanimidade.

Finalmente, procedeuse coa quenda de rogos e preguntas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...