Carlos Blanco e Oswaldo Digon levan o show Quen dixo medo a Porto do Son

20 Outubro 2021

Os actores (e narradores orais) Carlos Blanco e Oswaldo Digon van estar os días vindeiros en Porto do Son para achegarnos ás historias reais (e un algo fantásticas e terroríficas, pero non por iso menos reais) dos seus respectivos lugares de orixe, Arousa por unha banda, e Os Ancares, pola outra. Estamos a falar do espectáculo Quen dixo medo, un feixe de monólogos a dúas bandas previsto para o día 31 de outubro, ás 20.00 horas, na Casa a Cultura de Porto do Son. As entradas pódense adquirir na Casa da Cultura dende o mércores 20 de outubro ás 10.00 horas.

Quen dixo medo é, segundo advirten Blanco e Digon, un espectáculo metade improvisado metade preparado no que se deixa ao público quen decida o rumbo temático da función, permitíndolle elixir o miolo de cada monólogo. O resultado: non hai dúas representacións iguais da mesma proposta. O show foi creado durante o confinamento e, se cadra para compensar a ausencia de contacto co público naqueles días, é unha das contribucións máis interactivas (co público) que teñen pasado polas táboas da nosa terra.

Outros artigos

Este venres comeza a edición 2026 das Festas da Guadalupe

Chegou o día para o inicio das Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comeza este venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando...

+

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.