Boiro festexa o Samaín cunha actividade organizada polo grupo de voluntariado xuvenil Turbina

22 Outubro 2021

O departamento de Cultura do Concello de Boiro organiza unha programación especial para celebrar o Samaín cunha actividade denominada “Paisaxe do terror” organizada polo grupo de voluntariado xuvenil Turbina. A actividade terá lugar o vindeiro venres 29 de outubro no local Leñaverde do Centro Social de Boiro.
A actividade vai consistir nunha pasaxe de terror dirixida a poboación moza, de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos, aínda que tamén se vai organizar unha primeira quenda dirixida a familias e nenos e nenas entre os 6 e os 12 anos. A quenda familiar será entre as 18.00 e as 19.30 horas e a quenda para a mocidade será ente as 21.00 e as 24.00 horas.
A actividade está integramente deseñada e organizada polo grupo de voluntariado xuvenil Turbina e vaise celebrar no local Leñaverde do Centro Social de Boiro. Os accesos faranse en grupos reducidos de persoas que se irán establecendo por orde de chegada.

Amicos tamén celebra o Samain. Foto AMICOS

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.