As portas de Meirás abrense por primeira vez para render homenaxe ás vítimas do franquismo

07 Outubro 2021

Coa presenza entre outros da Presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, a palmeirán, Celia García Pillado, acompañada outros membros da Asociación, abrironse hoxe “as portas de Meirás por primeira vez para render homenaxe ás vítimas do franquismo, que merecen reparación, xustiza e memoria”.

Con esas verbas se expresou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, ao inicio do acto desta tarde, no que acompañou ao secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, no Pazo de Meirás.

O presidente provincial destacou “o compromiso” do Goberno de España para lograr a recuperación do Pazo para o patrimonio público, tras máis de oito décadas en mans da familia Franco, así como a “implicación absoluta” do secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e da Avogacía xeral do Estado nun proceso “que podemos dicir con orgullo que iniciamos na Deputación da Coruña en 2017, encargando os primeiros informes que avalaron xurídicamente que o Pazo era propiedade do Estado e non da familia Franco”.

“O que entón parecía imposible é hoxe unha realidade grazas ao compromiso absoluto do Goberno de España no ámbito da memoria democrática”, indicou Valentín Formoso, que destacou “a necesidade moral de reparar a todas as persoas que sufriron inxustamente represión, cárcere, exilio…e que incluso pagaron coa súa vida a defensa duns ideais de liberdade e democracia”.

Remitido Memoria Histórica Barbanza

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.