Arrinca en Boiro un novo curso de educación para persoas adultas

06 Outubro 2021

A Concellería de Educación do Concello de Boiro impulsou unha nova edición dos cursos de formación para persoas adultas. A xornada de presentación do curso 2021-2022 destas aulas destinadas a persoas maiores de 18 anos, celebrouse este martes 5 de outubro e contou coa presenza da concelleira de Cultura, María Outeiral.

As aulas de ensino para persoas adultas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúen o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Entre os obxectivos específicos destas aulas están “os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional e adquirir conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral”.

A aula de educación para persoas adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago e o profesorado desprazase á localidade da nosa comarca para as avaliacións. Este curso hai arredor de 60 persoas inscritas, repartidas nos catro módulos ofertados (1º, 2º, 3º e 4º). Cada un dos módulos consta de diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e ámbito social.

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...