BNG, Psoe e PP respaldaron as contas que tiveron o voto contrario dos dous concelleiros de Rianxo en Común

Os orzamentos están feitos desde o rigor técnico, de cumprimento da estabilidade orzamentaria, equilibrados e realistas no que prevé de aumento dos ingresos e dos gastos correntes, segundo informa o equipo de goberno local. Nos mesmos se priorizan investimentos sociais, de infraestruturas básicas como saneamento e abastecemento que absorben boa parte dos investimentos anuais.
Un apartado destacado é o que atinxe ao sistema de benestar e dependencia. Estes orzamentos pretenden dar cobertura a unha crecente demanda para avanzar. Pasarían das 44.220 horas anuais para atender a 163 persoas a chegar a 200 con 58.872, isto é un terzo máis. Hai unha aposta decidida pola mellora de área de benestar coa incorporación de catro persoas a través dos fondos da Deputación: traballador/a social, axente igualdade e creación do Centro de Información á Muller cunha axente de igualdade e un/unha avogado/a.
Como se sinala na Memoria de Alcaldía os orzamentos que suplen os orzamentos prorrogados contemplan a :
Dotación do crédito necesario para afrontar as axudas do Fondo provincial para a reactivación económica e social (PEL-Reactiva).
• Dotación do crédito estimado necesario para afrontar as indemnizacións que corresponde aboarlle á empresa concesionaria da piscina pola suspensión da súa actividade durante o estado de alarma.
• Diversas actuacións de prevención de contaxios pola COVID, que consisten, fundamentalmente na adquisición de produtos de hixiene e mobiliario (máscaras, mamparas protectoras, etc.)
• Ausencia de ingresos derivados da taxa de ocupación da vía pública por mesas e cadeiras, debido á aprobación da suspensión en 2020 e 2021 da vixencia desta taxa, como medida dirixida a gravar o menos posible o sector da hostalaría e restauración.
• Dotación de crédito para actuacións derivadas das consecuencias da COVID, sistemas de protección, incremento do persoal de limpeza nos centros educativos e incremento dos servizos de asistencia domiciliaria, SAF.
En materia de emprego unha aposta por un Plan Integrado de Emprego xunto aos concellos de Padrón, Rois, Dodro, entre outros. As actuacións formativas do Programa Integrado diríxense preferentemente a cubrir as demandas laborais que existan nos sectores de actividade relacionados coas ocupacións que se recollen nos parágrafos anteriores, cun alto grao de inserción laboral.
Acabamos de rematar un Obradoiro de Garantía Xuvenil para 16 persoas estando en preparación outras solicitudes de Escola Obradoiro.
Seguirá o compromiso cos plans de dotación de persoal da Xunta e Deputación: Aprol Rural, Pel Concellos, Contratación Risga, Limpeza de Praias, persoal de Turismo… Entre outras este persoal permite realizar tarefas de asfaltado e bacheado en pistas ou realizar dous desbroces anuais nas parroquias nos seus viais.
Mantemento da limpeza viaria, os orzamentos prevén manter o servizo con dous equipos. Un que estea permanente en Rianxo e outro que garanta a limpeza dun día por semana das parroquias, das prazas e aceiras e zonas comerciais.
Un importante gasto corrente é o que atinxe ao benestar animal onde se realizou este ano un grande esforzo por solucionar a situación pasando de case Total de cans recollidos 53 a 17.
Vehículo híbrido para a Policía Local. Cunha achega do Concello do 48% do total do renting
Axuda ao transporte municipal para o seu mantemento anual.
Mantemento brigada de medio ambiente para prevención incendios forestais.
INVESTIMENTOS PREVISTOS ANO 2021
Abastecemento de Corques-Taragoña (Plan Único Deputación)
Abastecemento de Outeiro-Taragoña (Plan Único Deputación)
Renovación marcadores electrónicos dos equipamentos deportivos
Illamento sonoro para apertura centro coworking na Aula Activa
Mellora da accesibilidade e fachada escola do Cruceiro-Centro Cultural de Taragoña (Plan Único Deputación)
Aula de estudo coa rehabilitación e cambio de uso dos baixos das Vivendas dos Mestres. (Plan Único Deputación)
Saneamento e abastecemento de Quintáns. (Plan Único Deputación)
Ampliación rede desfibriladores ao Auditorio de Rianxo.
Pista As Barreiras-Taragoña
Pista Meiquiz-Rial
Remodelación catro parques infantís: Buía, Brión, Quintans e A Torre (Plan Único Deputación)
Remate obras renovación alumeado led proxecto IDAE.
Achega municipal do subministro do equipamento para a WiFi4EU anualidade 2021. 10 puntos en todo o Concello.
Mantemento da cuberta Escola Infantil.
Saneamento de Burés (Plan Único Deputación)
Pista de Foxacos-A Ermida
Pista de Tronco-Camping de Rianxo.
Pista en Ourolo
Pista Rianxiño-Barral (PEIM-Xunta)
Obras de cooperación traídas veciñais: Ourille, Rabado, O Pepito-Araño.
Ampliación rede abastecemento municipal en Cubide.
Mobiliario 4 casas nas Vivendas dos Mestres. (Plan Único Deputación)
Colexio Asados-Zona recreativa (Plan Único Deputación)
Pavillón cuberto do Colexio Brea Segade de Taragoña (Plan Único Deputación)
Cambio fachada sur Pavillón Rianxo. Convenio Secretaria Xeral do Deporte.
Total Investimentos: 885,278.45 euros dos que 261,969.11 son municipais.
Tamén sinalar os pagos necesarios para unha anualidade do préstamo Pazo Rianxiño e do IDAE para cambio de luminarias e avanzando no cumprimento do PACES.
Con este orzamento prevese chegar neste remate do ano a rebaixar do 1.600.000 inicial aos 1.280.000.
Como máis relevante no referente o Persoal a convocatoria dunha praza de funcionario/a Arquitecto/a, outra de funcionario/a arquitecto/arquitecta técnica/o reforzando a área de Urbanismo, un técnico de administración xeral para Secretaría e Intervención xunto a unha partida inicial para a primeira anualidade do resultado da RPT que se está a negociar cos representantes do persoal.
Na mesma sesión aprobouse por unanimidade a Terceira Addenda ao Convenio con Augas de Galicia para o desenvolvemento do proxecto de colectores, tanque de tormentas e nova depuradora que está en marcha.