Aprazada en Ribeira a recepción oficial dos deportistas Álex Vidal, Laura Martínez e Manu Parada

13 Outubro 2021

O concello informa de que por razóns de índole persoal relacionadas cunha das persoas homenaxeadas, o recibimento público que estaba previsto para este venres queda aprazado. Unha vez estea concretada a nova data (dentro de dúas semanas, probablemente) será comunicada. 

Estaba previsto que este venres 15 a praza do Concello de Ribeira ía dar cabida a un acto de recibimento público a tres deportistas locais polos seus logros deportivos máis recentes.

Trátase do taekuondista Álex Vidal (que vén de participar nos Xogos Paralímpicos de Toquio); da remeira Laura Martínez (campioa co Arraun Lagunak na bandeira da Concha e na liga feminina vasca) e do ciclista Manu Parada, gañador do Open de España deBTT en categoría master e do campionato galego.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.