Amicos participou nunha viaxe formativa a Alacante

13 Outubro 2021

Cinco mozos da Asociación Amicos (Sarai, Adriana, Miguel, Juan e Alfonso) e catro técnicos da entidade social da nosa comarca participaron nunha viaxe formativa a Alacante encadrada nas actividades do programa Erasmus+ Disability Technology Education, iniciativa da Unión Europea centrada nos ámbitos da educación e a formación, a mocidade e o deporte, que ofrece oportunidades para todas as persoas e en todos os sectores educativos.

Durante a estadía en Alacante a expedición de Amicos visitou (entre outras entidades e puntos de interese) o Museo Arqueolóxico de Alancate ou o AIJU, o Instituto Tecnolóxico de Produto Infantil e Ocio, impulsor de recursos innovadores para empresas e entidades centrados no ámbito da nenez.

Xoan España director de Amicos, dixo: “Estamos encantados de poder participar neste Erasmus+ e dos bos resultados obtidos nestes 2 anos, grazas ao cal cinco mozos beneficiáronse da mobilidade incluída no proxecto e da oportunidade que proporciona aprender e relacionarse con estudantes doutros países”.

No mes de novembro Amicos será durante unha semana a asociación anfitrioa dun novo proxecto Erasmus + denominado Discovery, no que participan 5 estudantes e 2 técnicos gregos, outros 5 estudantes italianos e 2 técnicos, máis 5 usuarios da entidade da nosa comarca e 3 técnicos. Esta iniciativa inclúe o desenvolvemento dunha serie de xornadas para coñecer Galicia e o seu rico patrimonio cultural e natural. Entre as visitas programadas estarán a as cidades de Santiago de Compostela, o seu centro histórico e catedral, Fisterra e a Costa da Morte, Pontevedra, Combarro e os seus centros históricos, entre moitas outras actividades.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...