A Xunta organiza na Pobra un curso sobre iniciación e mellora da gandaría de ovino-cabrún

04 Outubro 2021

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), ten previsto organizar un curso sobre iniciación e mellora da gandaría de ovino-cabrún no concello coruñés da Pobra do Caramiñal. Desenvolverase dende o vindeiro luns 11 ata o sábado 16 de outubro no auditorio do museo Valle-Inclán en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Esta iniciativa está dirixida “a calquera persoa vinculada profesionalmente ou con expectativa de incorporación aos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como aos mozos e mozas do rural galego interesados neste eido”.

Ao longo das 25 horas, o curso afondará en diversos temas como a situación actual do sector, a alimentación destes animais e os seus requirimentos, así como o manexo e implantación de pradeiras ou as axudas básicas ás que poden acceder os gandeiros. Ademais, a acción formativa tamén contará cunha visita a unha gandaría da zona para a posta en práctica dos coñecementos adquiridos previamente.

As persoas interesadas en participar nesta acción formativa deberán cubrir o correspondente formulario de solicitude e remitilo á conta transferenciatecnoloxica.cmr@xunta.gal. Para máis información, poden chamar ao teléfono 981 546 689.

Ovellas nunha imaxe de PepedoCouto publicada na Galipedia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.