A veciñanza de Boa e o BNG reúnense para seguir reclamando un paso de peóns na parroquia

20 Outubro 2021

Integrantes da asemblea do BNG de Noia mantiveron unha xuntanza coa veciñanza da parroquia de Boa na que tamén participou a deputada no parlamento galego Rosana Pérez. A representante nacionalista explicou o traballo que a formación está levando a cabo no municipio e no parlamento para a consecución dun paso de peóns neste núcleo de poboación.
Logo dunha primeira reclamación do BNG polo paso de peóns no mes de outubro de 2020 a administración precisou tres meses para dar unha resposta pouco concisa na que se afirmaba que non se cumprían os requisitos para o seu establecemento sen precisar os incumprimentos concretos.
Diante desta situación, o BNG formulou unha nova iniciativa na que se propuña unha localización concreta e esixindo que se argumentaran os criterios que impediran ou non a colocación do paso. Segundo a Xunta, cunha resposta que desta vez demorou seis meses, a localización proposta polo BNG, diante do local hostaleiro Singapore, atópase nun núcleo rural sen unha iluminación suficiente e sen unhas beirarrúas axeitadas.
Tanto Pérez coma o portavoz municipal dos nacionalistas, Ricardo Suárez, coincidiron na necesidade de insistir cunha nova proposta á Xunta e afirmaron que levarán ao parlamento “a necesidade de que a Xunta acondicione o tramo da estrada AC550 para que si se poda instalar un paso de peóns, pois a propia Xunta é quen indica que a iluminación e as
beirarrúas non son axeitadas nunha vía que é da súa titularidade”.
O grupo municipal do BNG tamén aproveitou esta xuntanza para recoller outro tipo de reclamacións veciñais referentes á limpeza das estradas, melloras na accesibilidade, ao punto viario perigoso na saída do lugar de
Redondelo e aos importantes problemas na recepción do sinal de internet e televisión.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.