A Primeira Autonómica continúa

A Primeira Autonómica Grupo 2 non descansa. Todas as ligas do fútbol modesto paran menos esta. Os tres equipos do Barbanza, Unión, Cidade de Ribeira e Taragoña terán un novo fin de semana de competición. Os tres equipos veñen en dinámicas moi diferentes.
Os de Asados recibirán ao Agolada. Logo de dous encontros de alta exixencia como foron os de Lalín e Flavia, os de Luisito buscan un triunfo que os eleve aos postos altos da clasificación. Boas son as sensacións que trasnmiten os de Rianxo en cada encontro, e e medida que avanzan as xornadas parece que van a mellor. O seu rival conta con 1 puntos
logo de tres xornadas, polo que o Unión sairá a polos tres puntos.
Doutra banda, o Cidade de Ribeira visitará un dos campos máis complicados da categoría, Campo de Reis, para enfrontarse co Praíña. Os de Santa Uxía veñen dun tropezo inesperado na casa fronte ao Cordeiro. O xogo mostrado na Fieiteira de momento non convence, e esta será unha proba de fogo para os de Manuel Ángel. O técnico ribeirense non poderá contar con Walter nin con Pedro, por lesión. Joseíño é dúbida ata o último momento.
O Taragoña, colista con 1 punto, enfróntase a outro recén ascendido, o Cruces. Sen embargo, o comezo dos santiagueses é bo, e suman 6 puntos entres xornadas. Ambos conxuntos son de corte defensivo, e sen dúbida que será un partio apertado e de poucos goles. Aínda que só van tres xornadas de competición, o Taragoña necesita unha vitoria para coller moral e comezar a desplegar seu xogo.