A poboación galega incrementou o consumo de produtos do mar frescos e en conserva durante a pandemia

05 Outubro 2021

USC.- Durante a pandemia por mor da COVID-19, rexistrouse un cambio no comportamento de consumo da poboación galega, que aumentou de xeito significativo o gasto en produtos do mar frescos e en conservas durante o primeiro confinamento. Esta é a conclusión principal á que chegaron científicos da USC e da UVigo nun estudo que acaba de ver a luz na revista Frontiers in Marine Science e cuxo primeiro asinante é o investigador do Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS), Sebastián Villasante.

O artigo ‘Rapid assessment of the COVID-19 impacts on the Galician (NW Spain) seafood sector’ constitúe unha avaliación do influxo da COVID-19 no sector dos produtos do mar de Galicia. Os autores centráronse non só nos impactos inmediatos no sector da pesca extractiva, senón tamén na capacidade da acuicultura e as conserveiras para abastecer os mercados de produtos do mar antes e durante a pandemia. Para levar a cabo este obxectivo, sintetizáronse múltiples fontes de información de toda a cadea de subministros de produtos do mar para evidenciar, por unha banda, as primeiras respostas do sector, e por outra, as variables de recuperación antes (durante o período 2015-2019) e durante a pandemia (2020).

“Galicia constitúe unha das rexións marítimas máis importantes do mundo”, explica o profesor Villasante. “Os resultados do estudo poñen de manifesto como o comercio de produtos do mar viuse perturbado polos cambios bruscos tanto na demanda e a oferta, como nas limitacións no movemento de persoas e mercadorías, cunha ampla gama de impactos e consecuencias para o sector dos produtos do mar”, engade.

Actuación colectiva

Segundo o estudo, en 2020 constatouse un importante descenso no relativo aos desembarcos (-18% en volume e -14% en valor), á produción da acuicultura galega (-11% en volume e -12% en valor), ás importacións (-10% en volume e -11% en valor) e ás exportacións (-19% en volume e -16% en valor) de produtos do mar frescos, vivos e conxelados. Pola contra, a produción de conservas (+2% en volume e +10% en valor), así como as importacións (+10 e +6%, respectivamente) e exportacións (+17 e +26%, respectivamente) de produtos do mar preparados e en conserva rexistrou unha tendencia crecente durante a pandemia.

“A proximidade aos mercados, o investimento en cadeas de subministro nacionais ou próximas e o desenvolvemento de novas innovacións tecnolóxicas contribuíron a evitar a escaseza de alimentos e a perda de medios de vida en Galicia”, continúa o profesor Villasante. Os pescadores e as empresas pesqueiras tamén “actuaron colectivamente para reafirmar os seus dereitos e proporcionar produtos do mar esenciais e de alta calidade á poboación galega”, conclúe.

O artigo ‘Rapid assessment of the COVID-19 impacts on the Galician (NW Spain) seafood sector’ constitúe unha avaliación do influxo da COVID-19 no sector dos produtos do mar de Galicia. FOTO: Santi Alvite

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...