A Mostra Mares da Fin do Mundo presenta o cartaz da súa nova edición

06 Outubro 2021

O Concello de Outes presentou o cartaz oficial da cuarta edición do festival Mares Da Fin Do Mundo, a Mostra Internacional de Cinema Documental que se celebra entre o 29 de outubro e o 1 de novembro no devandito concello.

Será, en palabras da organización, unha boa oportunidade para poñermos rumbo a novos portos e “descubrir o mellor do cinema documental sobre o medio ambiente mariño e a pesca sustentábel”.

O festival, nas redes baixo o cancelo #MDFDM21, ten xa unha manchea de detalles dispoñíbeis na web de seu, www.maresdafindomundo.gal, onde se vai ir dando conta das novidades do programa, como tamén se darán no Facebook do certame e máis no Instagram.

A imaxe do cartaz é obra do fotógrafo Sam Ponsford.

O certame vén da man do Concello co apoio da Deputación e máis da Xunta.



Outros artigos

Este venres comezan as festas patronais de Santa María de Roo (Noia)

Este venres 14 de agosto comezan as festas patronais de agosto, edición 2026, de Santa María de Roo (Noia), organizada pola veciñanza (comisión de festas) coa colaboración do Concello. Farano cunha gran verbena a cargo da Orquestra Panorama City e co acompañamento de...

+

Todo listo para o comezo (este venres) do festival Jazz Noia

Este venres 14 de agosto arrinca un dos grandes eventos culturais da tempada estival na comarca: a edición 2026 do festival Jazz Noia 2026, organizado polo Concello de Noia a través da Concellería de Cultura. Celebrarase as noites do venres 14 e o sábado 15 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.