A Mesa promove un apagamento a RTVE este luns tras a polémica imitación do acento galego en ‘ Master Chef’

10 Outubro 2021

A polémica e viral imitación do acento galego durante a emisión do programa ‘ Master Chef’ do pasado luns suscitou un importante rexeitamento entre os internautas e usuarios das redes sociais, entre eles representantes políticos, escritores e portavoces do movemento asociativo.
A Mesa pola Normalización Lingüística decidiu denunciar a situación e promover un apagamento a RTVE. A asociación chama á sociedade para secundar esta protesta e apagar a programación da canle pública estatal ao longo de toda a xornada do luns, excepto os 39 minutos que emite en lingua galega (entre as 14,00 e as 14,20 horas e entre as 15,55 e as 16,15 horas.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, denuncia que o “desprezo” que sofre o galego por parte da canle pública estatal “alcanzou a súa máxima expresión” durante a emisión do programa deste luns, no que os presentadores protagonizaron unha polémica imitación do acento propio do territorio e do idioma.

“Só emiten en galego 39 minutos dun total de 120 horas, o que supón o 0,5% dos seus contidos diarios e o 0% dos contidos infantís e xuvenís”, lembrou, para censurar que “aínda así se permitan emitir tentativas de parodias” co idioma pagadas co diñeiro dos cidadáns.

Neste sentido, apelou ademais ao acordo unánime alcanzado polos grupos do Parlamento de Galicia a favor da dobraxe, subtitulado e audiodescripciones en galego en TVE e lembrou que A Mesa solicitou unha entrevista coa dirección estatal ata en tres ocasiones para presentar as súas reivindicacións. Unha actitude, matizou, que “contrasta coa dirección galega e co persoal de RTVE en Galicia”, de quen valorou un “compromiso coa lingua galega que está fóra de toda dúbida”.

Outros artigos

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda. Video

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda, desde o Museo de Pontevedra O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a gravación da mesnaxe de Fin de Ano de 2025. Museo Provincial (Pontevedra), 27/12/25. Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta...

+

Suba das peaxes na AP-9 o 1 de xaneiro: un 4,68% máis

Trátase da maior suba de tarifas das autoestradas estatais. O Ministerio de Transportes achegará 15 millóns de euros para impedir a alza do 5,83%. As peaxes da autoestrada AP-9, principal eixo de comunicación viaria de Galicia, volverán subir en 2026, encarecendo o...

+

Amicos celebra as “badaladas adiantas” de fin de ano con residentes

Este mércores, 31 de decembro, os residentes do Fogar Amicos celebrarán unha xornada moi especial para despedir o ano 2025. Ás 12:00 horas, terá lugar a tradicional celebración das badaladas de fin de ano, pero, neste caso, adiantadas! Os residentes do centro tomarán...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

El Gobierno español, con el presidente de Andalucía y SS. MM. los Reyes de España, habían llegado a un acuerdo para hacer un Funeral de Estado el 31 de los corrientes, a modo de una especie de homenaje a las víctimas del accidente ferroviario de Adamuz. Por su parte,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.