A Gramola Gominola encherá Rianxo de rock en galego o vindeiro 6 de novembro

27 Outubro 2021

O grupo A Gramola Gominola vaise achegar á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo para ofrecer á rapazada e ás familias o seu espectáculo O poder da superlingua. Será o 6 de novembro ás 19.00 horas. O concerto está recomendado para un público familiar con crianzas a partir de 4 anos. A duración é de 60 minutos. Trátase dunha proposta abeirada á Rede Cultural da Deputación da Coruña. Será preciso reservar localidades previamente, até as 14.00 horas do xoves 4 de novembro, a través do apartado de reservas da web municipal.

A Gramola Gominola é unha banda de rock en galego para público cativo. Está formada por Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos).

O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo, literalmente, “ao público en pé cos cornos en man!”

Obtiveron en 2018 o Premio Martin Códax da Música ao mellor grupo de música infantil. Teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.