A Fundación Matrix dará a coñecer nos institutos de Ribeira e Vilagarcía a realidade do cambio climático nas nosas illas

01 Outubro 2021

Os institutos de Ribeira, Vilagarcía, Bueu e Vigo van recibir este mes de outubro a visita dos integrantes da Fundación Matrix para presentar, nos centros, os resultados do proxecto Climillat, unha iniciativa de investigación e divulgación que pon o foco no cambio climático e en como está a afectar (e afectará) aos ecosistemas do Parque das Illas Atlánticas de Galicia e a súa área de influencia. O obxectivo das actividades é “fomentar na xente nova actitudes que favorezan a protección ambiental e a promoción de comportamentos sustentábeis”.

O proxecto Climillat, financiado con cargo o programa de subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Red de Parques Nacionais, recolle un estudo con datos cuantitativos sobre a realidade do cambio climático recente no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a súa contorna próxima.

O principal obxectivo deste proxecto é dar a coñecer os resultados obtidos e impulsar unha campaña de sensibilización social dirixida principalmente ao alumnado de Bacharelato dos concellos máis próximos ao dito espazo de protección e indirectamente á sociedade galega.

As charlas celebraranse no mes de outubro de forma telemática, e estarán dirixidas por Alberto González, investigador especialista en climatoloxía da Fundación Matrix. A súa misión será transmitir aos máis mozos cal é o estado actual do clima na área de estudo e o seu recente cambio acontecido.

“Queremos que os alumnos sexan conscientes da realidade do cambio climático dende unha perspectiva local, e fomentar a promoción de comportamentos sustentábeis que reduzan as emisións de CO2 e coiden do medio ambiente”, sinala Alberto González, engadindo que “o cambio climático é unha realidade incuestionábel, e os espazos protexidos son excelentes observatorios para o seguimento do cambio global. Queremos levar os resultados obtidos do noso estudo á máxima cifra de colexios e institutos, para concienciar os mozos e mozas da importancia de comprometerse na loita contra o quecemento da Terra”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.