A frutífera relación entre o jazz e o cinema centran unha charla en Noia, este venres no Liceo

15 Outubro 2021

Este venres 15 de outubro toca falar das músicas e as películas que nos marcaron, e de que até punto se teñen entrelazado as dúas linguaxes artísticas na nosa memoria. Estamos a falar do coloquio O Jazz e o cine: as bandas sonoras, os intérpretes, as cancións, previsto para as 18.00 horas na Sociedade Liceo de Noia. A sesión, encadrada no programa da edición 2021 da Mostra de Curtas de Noia que se celebrou os días pasados, será presentada e moderada por charla Luís G. Cuntín, director da emisión radiofónica Tempo de Jazz (Radio Redondela e Radio Fusión), axente artístico e promotor.

A charla contará tamén coa presenza dos seguintes profesionais do sector:

• Nani García. Pianista de jazz e compositor de bandas sonoras para o cinema, segundo a organización da charla “seguramente o único artista español en activo con esa dupla condición”. Gañador dun Mestre Mateo e varias veces nomeado aos Goya, Oscar e aos Premios Globo de Oro.

• Alberto Conde de León. Pianista, compositor e líder; profesor no CMus da Coruña na especialidade de jazz.

• Alberto Ibarrondo, Director do Festival de Jazz de Vitoria-Gasteizko Jazzaldia.

• Íñigo Zárate Ruíz de Gauna, Presidente da Asociación Cultural Festival de Jazz de Vitoria-Gasteizko Jazzaldia.

Unha estreita relación

Segundo lembran dende Cultura de Noia, o jazz e o cine teñen unha relación estreita como artes que naceron, desenvolvéronse e alcanzaron a súa madureza como parte da cultura de masas no século XX: “O cine encontrou no jazz un motivo de inspiración, un ambiente, unha arte que glosou con maior ou menor acerto; tamén un xénero específico de música que lle proporcionou destacadas bandas sonoras”. Pola súa parte, “o dito estilo musical tivo e ten no cinema un vehículo para darse a coñecer e unha fonte de inspiración, nomeadamente pola incorporación de grandes cancións nacidas para a gran pantalla como motivos de inspiración recorrentes, os chamados standards, para a súa recreación nesta singular linguaxe musical”.

Neste faladoiro os participantes achegarannos á historia e á vixencia actual desa histórica e frutífera relación.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.