A Fiscalía solicita máis de 14 anos de prisión. En Ribeira unha testemuña sitúa ao acusado de disparar cunha escopeta á súa exparella

07 Outubro 2021


A Audiencia Provincial da Coruña acolleu este xoves un xuizo contra un home acusado de disparar cunha escopeta contra a súa exparella en Ribeira. Unha testemuña situou ao acusado de disparar por detrás no lugar dos feitos, e confirmou que o home tiña unha escopeta con mira telescópica no seu domicilio.


Segundo o escrito da fiscalía os feitos ocorreron na madrugada do 15 de xuño de 2020 cando a moza en compañía de dous amigos, dirixiuse ao domicilio do acusado, en Ribeira “coa intención de adquirir cocaína”.

Ela subiu ao piso do home, que pechou a porta da súa casa con chave e “pediulle ter relacións”, ao que ela se negou. Cando o acusado subiu á parte superior, a vítima colleu as chaves e escapou. Ao oír a porta, o procesado, “con ánimo de atentar contra a vida e integridade da vítima”, colleu unha escopeta e desde o balcón, efectuou “un único disparo cara á muller por detrás”.

Na declaración que realizou o acusado na primeira sesión do xuízo celebrada en xuño, e do que informamos no seu día en obarbanza.gal, o home alegou que non estaba no lugar aquela noite. A testemuña, que acompañaba á vítima, dixo que viu ao home no balcón e confirmou que a muller foi ferida pola escopeta. A testemuña contradi a versión da outra que apoiou a versión do acusado, aínda que en primeira instancia declarara que o home estaba no lugar dos feitos, polo que podería incorrer nun delito de falsa testemuña.

A Fiscalía solicita para o procesado unha pena de 14 anos e medio de prisión por asasinato en grao de tentativa. En canto ás costas, pide que indenmice á vítima con 24.533 euros.

Outros artigos

Incendiados catro colectores en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira. Víronse afectados catro colectores que quedaron completamente calcinados. As lapas danaron tamén, en menor medida,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión