A Escola Infantil de Teatro de Ribeira conta xa con alumnos para empezar a actividade

09 Outubro 2021

A Escola Infantil de Teatro de Ribeira conta xa cun grupo infantil de 12 nenos pero amplia o prazo ata o mércores 13 de outubro incluído. As clases empezan o xoves 14 no Auditorio ás 18:30 horas e permitiranse inscricions ata final de mes e ata completar o tope de 20 participantes para novas inscricións . Desde a Escola fan un chamamento para completar o cupo máximo de 20 participantes como houbo no curso anterior 2019-2020 que se paralizó pola pandemia e que fixo que no curso 2020-21 no se podese celebrar.

A Concellería de Cultura de Ribeira retoma un curso máis a Escola Municipal de Teatro Infantil para rapazas e rapaces de 7 a 12 anos, cun mínimo de 10 e un máximo de 20 participantes. O curso comezará o14 de outubro ata o mes de xuño do ano próximo.
Datas e horarios: As actividades da Escola Municipal de teatro infantil desenvolveranse no Auditorio municipal de Ribeira os xoves, de 18:30 h a 20:00 h, con data de inicio na segunda semana de outubro (xoves 14) e rematando na primeira semana de xuño de 2022. Realizarase unha montase para estrear no marco da Mostra de Teatro Infantil de
Ribeira e como fin de curso, sempre e cando a situación  o permita.
Idades dos/das participantes: Rapazas e rapaces de 7 a 12 anos (ambos incluídos). Establécese un grupo mínimo de 10 participantes para celebrar esta actividade e un máximo de 20 inscritos.
Modalidade de Renovación: Aqueles/as nenos/as que asistiron a anterior edición da Escola Municipal de Teatro Infantil (curso 2019- 2020) poderán renovar a súa participación para o presente curso 2021-2022 do 27 de setembro ao 3 de outubro, ambos inclusive.
Modalidade de nova inscrición: En caso de quedaren vacantes unha vez realizadas as renovacións, abriríase un prazo para recoller novas inscricións para aquelas persoas que cumpran cos requisitos de idade establecidos. O prazo para novas inscricións será do 4 ao 10 de outubro, ambos inclusive

Outros artigos

O BNG reclama ao Goberno reforzar o servizo de Correos en Ribeira

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar novas iniciativas na cámara baixa para reclamar ao Goberno do Estado que leve a cabo todas as accións que garantan a plena operatividade dos servizos de Correos no concello de Ribeira. Demanda manter o...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

Era un rapaz coma moitos outros, coma todos os outros do seu lugar e dos outros. Choraba igual quechoran todos, cando hai que chorar, e sufría coma sofren os febles, os desamparados no mundoorganizado polos poderosos. Era loitador preparado para as inclemencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.