“A dixitalización do sector pesqueiro”. Antón Luaces

24 Outubro 2021

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ven de publicar no Boletín Oficial do Estado (BOE) senllos estratos de ordes de convocatoria de subvencións para a dixitalización do sector pesqueiro que suman un importe máximo de 3.800.000 euros (900.000 euros para este ano 2021, e 1.450.000 para cada un dos seguintes dous anos).
O real decreto coas bases reguladoras contempla tres liñas de axudas para sistemas de seguemento, control das obrigas de descarte e apoio á transformación e comercialización. As solicitudes poderán presentarse no prazo de 15 días laborables.

A dixitalización do sector pesqueiro estrativo, acuícola, comercializador e transformador é unha das medidas estratéxicas de actuación contempladas no compoñente 3 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) que xestiona o Minisiterio (transformación ambiental e dixital do sistema agroalimentario e pesqueiro), a desenvolver entre os anos 2021 e 2023.

O plan ten como obxectivo dar pulo á transformación e modernización do sector, con actuacións que garantan a súa sustentabilidade e rendibilidade. De aquí que se formule un mellor coñecemento e asesoramento científico para a xestión  e control das pesqueiras, incrementar a eficiencia enerxética e promover a economía circular.

O decreto establece tres liñas de axuda: a primeira delas dirixida á adquisición e instalación, por primeira vez, de Sistemas de Seguemento Electrónico Remoto (REM)  para o cumprimento da obriga de desembarque e da que se poden beneficiar  os armadores de buques de 12 ou máis metros de eslora, con preferencia para aqueles que cheguen ou superen os 24 metros.

A segunda liña diríxese a apoiar os proxectos de mellora de comunicacións, dixitalización do sector estrativo, acuícola, comercializador, transformador, minoristas, maioristas e de proxectos de mellora dos servizos de saúde a través de comunicacións para diagnóstico eprevención de enfermidades a bordo. Poden beneficiarse os armadores de  embarcacións con eslora  de 12 metros que poderán dotarse de dispositivos que os permitan ubicar  e identificalos cando estean no mar, as asociacións do sector estrator, acuícola, comercializador e organizacións de produtores.

A terceira liña de subvencións está destinada a asociacións do sector estrativo. acuícola, comercializador e transformador e organizacións de produtores, sempre que poñan os proxectos a disposción de todos os seus asociados. Asimesmo poderán ser beneficiarios as pequenas e medianas empresas adicadas a produción, transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura.

Outros artigos

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.