A aula CeMIT de Ribeira achega en outubro novos cursos sobre eAdministración e ofimática

05 Outubro 2021

A aula CeMIT de Ribeira presentou o seu programa de formación gratuíta (formación en diferentes vertentes do ámbito dixital) para este mes de outubro. Serán, segundo informou o Concello, tres novos obradoiros de carácter presencial que abordan outros tantos ámbitos do plano tecnolóxico: o certificado dixital e a súa importancia para realizarmos trámites en liña coas administracións; as funcionalidades do editor de texto Write; e máis os usos e manexos das follas de cálculo (Calc). A inscrición pódese facer de xeito presencial na sede da aula CeMIT en Cubeliños (Ribeira) ou ben a través do seu sitio web.

Entrada da aula CeMIT de Ribeira, en Cubeliños

Estes son os cursos en cuestión:

• Certificado Dixital – Sede Electrónica: introdución ó uso da administración electrónica. Nivel medio. Impartirase do 13 ó 15 de outubro en horario de 10.00 a 12.00 e constará dun total de seis horas. A idade mínima para cúrsalo é de 16 anos. O prazo de inscrición abre o 5 de outubro. Hai 6 prazas dispoñíbeis.

• Editor de textos Write: elaboración de documentos de texto a través do ordenador. Nivel medio. Impartirase do 18 ó 22 de outubro en horario de 9.30 a 11.00 e constará dun total de 7 horas e media. Non hai idade mínima para cursalo. O prazo de inscrición abre o 15 de outubro. Hai 8 prazas dispoñíbeis.

• Folla de cálculo. Calc: capacitación no uso de follas de cálculo. Nivel medio. Impartirase do 25 ó 29 de outubro en horario de 9.30 a 11.00 e constará dun total de 7 horas e media. Non hai idade mínima para cursalo. O prazo de inscrición abre o 22 de outubro. Hai 8 prazas dispoñíbeis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.