A ANPA de Palmeira critica o comunicado feito polo concello polas queixas ante a Valedora

16 Outubro 2021

De lamentable así é como define a Xunta Directiva da ANPA de Palmeira, o comunicado que emitiu este, 15 de
outubro do 2021, o Concello de Ribeira ante a prensa local e que recollemos en “obarbanza,gal “ en resposta ao feito de que A Valedora do Pobo dese atendido a trámite a queixa contra o Executivo, por non dar resposta ao escrito que a esta asociación, envioulle o pasado 11 de setembro, preguntando polas medidas que este debía ter tomado tras o acordo plenario do pasado 3 de agosto, onde se aprobaron as mocións en defensa das aulas de Educación Infantil do Colexio.
A Xunta Directiva quere dar resposta e deixar claro que nunca houbo intención de ataque ao Concello por parte desa Asociación. Que sempre deron cumprimento á toda a normativa seguindo os procedementos que marca a propia Administración. Din que actuaron sempre ao abeiro do dereito á libre manifestación, declaración e solicitude de exixir unha resposta aos responsables, en nome dunha gran parte dos que conformn a Comunidade Educativa, ante unha
situación onde se ataca directamente á calidade no Ensino público.

O comunicado do Concello expresa, din, a súa opinión sobre estes feitos e critica a actitude da Xunta Directiva
dicindo que “respondemos antes a buscar o enfrontamento contra quen ostenta o Goberno local que á
efectiva defensa do ensino e os seus intereses“. Pois a resposta é que esta afirmación é falsa! Coma representantes dunha asociación de pais e nais dun centro público educativo, entra dentro das súas competencias e obrigas, defender aos centos de pais e nais que ven como os seus fillos e fillas son vítimas, din, das decisións tomadas polos que se supoñen deben defender a súa educación e o seu futuro.

Concentarción da ANPA de Palmeira o apsado mes de xullo

O resto do comunicado da ANPA di:

Fixémolo di o comunicado, sen atacar primeiro ao concello pois o primeiro paso desta ANPA foi apoiar á Directiva e ao Claustro do CEIPP de Palmeira nas súas demandas nunha concentración o 1 de xullo no patio do colexio onde se lle pedía á Xefatura Territorial e á Inspección que non despedisen a dúas mestras de Educación Infantil.
O segundo paso, foi acompañar á directora do CEIPP a unha entrevista que esta tiña co Sr. Alcalde, onde se lle solicitou a seu apoio fronte ao Xefe Territorial para tratar de que reconsiderase a súa decisión. A resposta do máximo responsable do Goberno local foi que “non podía ir en contra do seu partido pero que falaría con el“ pois, tras explicarlle as necesidades das nosas crianzas, entendía que a lo menos unha das dúas aulas perdidas debería manterse.
Como resulta obvio, non se conseguiu nada. A pesar de que nese tempo de agarda centos de persoas de todo o Concello recolleron sinaturas e colocaron carteis nas súas casas e negocios manifestando o seu desacordo pola perda desas aulas. Máis de 2.000 Sinaturas foron presentadas ante a Xefatura Territorial o 8 de Xullo, sen resposta pola súa parte ante a voz da Comunidade.
Ademais, neses días todas as entidades políticas con representación neste Concello (BNG, PBBI, SUMA e PSOE) amosaron o seu apoio a súa causa tanto a nivel local como incluso no Parlamento de Galicia.
Así pois, a ANPA decide enviar directamente, un escrito á Xefatura Territorial SOLICITANDO, co MÁXIMO
RESPECTO e AGRADECEMENTO polo que nos pensabamos que era a súa atención (que despois resultou ser
NON prestada), a reconsideración da eliminación das dúas aulas de Educación Infantil e a redución dos
RRHH de apoio no CEIPP de Palmeira.
Por suposto, tampouco houbo resposta a este escrito, pero non se recurreu porque a Dirección do colexio
invitounos a participar na xuntanza que esta ía ter co Xefe Territorial e o Xefe de Inspectores.
Para a nosa sorpresa, nesa xuntanza, quedou explicitamente claro o malestar que a nosa opinión sobre as
decisión da ambas xefaturas estaba a xerar nesa reunión, e que a postura deles era de NON cambiar de
opinión ao respecto pois, como tamén menta o Concello no seu comunicado, a decisión de aumentar os
ratios por aula e reducir o persoal docente era común para todos os centros e non ían facer con nos unha
excepción.


É dicir, eles bótanlle a culpa ao Goberno Central por poñer os ratios en 25 nenos/as por aula en Educación
Infantil e Primaria, e din que eles só fan cumprir cos “números“.
O que non din, é que eses ratios son ratios máximos, é dicir, non se poden pasar de aí, pero é
responsabilidade deles decidir cal será o ratio de cada aula de cada centro.
Un ratio que a nos (docentes e ANPA) entendemos como algo que debe estar acorde coas necesidades
específicas de cada aula segundo o tipo de alumnado que esta teña. Eso é para nos, facer unha boa xestión
dos recursos, con responsabilidade e de calidade. Algo que o Xefe Territorial cuestionou nesa xuntanza pois,
ao seu entender, encher as aulas non ten porque ser malo e non lle levabamos estudos na man que
demostraran o malo que eso podía chegar a ser… ESTUPEFACCIÓN a nosa, cando oímos esas palabras dos
nosos responsables. Como é posible que ninguén pense que reducir persoal e masificar as aulas (máis en
plena pandemia) é responsable e non ten consecuencias negativas?
Esta estéril reunión levou á ANPA a manifestarse por primeira vez ante o Concello de Ribeira, o 16 de xullo,
para pedirlle á Xefatura Territorial que non abandonasen aos nosos fillos e fillas e que escoitase a nosa
súplica.
O 26 de xullo decidimos concentrarnos outra vez diante do Concello, pero esta vez para manifestar o noso
agradecemento polas mocións que ese día se ían debater no Pleno Municipal en defensa do noso centro
educativo.
Mocións, que quedaron pendentes para o seguinte Pleno, posposto para o 3 de agosto por falla de tempo.
Razón pola que nos concentramos, unha vez máis, na Praza Consistorial aplaudindo en agradecemento a
entrada no Pleno aos representantes da corporación municipal.
Esa noite, toda a Comunidade Educativa de Ribeira aplaudía e berraba de alegría nas súas casas ao saber
que TODOS/AS os que conforman a corporación municipal (incluído PP) apoiaban a recuperación de alo
menos de unha das dúas aulas de Educación Infantil do CEIPP de Palmeira.
Pero o noso gozo caeu nun pozo cando chegou o comezo do curso escolar e NON só non se había
recuperado ningunha das aulas, se non que ademais, non tiñamos novas ningunhas ao respecto.
O Claustro e a Dirección do Colexio tivo que traballar esforzadamente para adaptarse a un curso escolar
complexo e cunha peor atención ao alumnado de Educación Infantil.
Chegados a este punto, desexamos aclarar unha afirmación que fai o Comunicado de onte do noso
Concello, en relación a que “temos unha aula máis en Educación Primaria e que non o sacamos á palestra
nos comunicados e comparecencias públicas da directiva da ANPA“ (comentario que tamén foi mentado
nun dos Plenos municipais polo noso Alcalde, pois nos si que oímos todo o que eles teñen que dicir). Pois
ben, efectivamente non o expresamos publicamente pero neste caso, para beneficio da Xefatura Territorial,
pois si non chegasen a poñer 1 aula máis en 1o de Primaria incumprirían os ratios establecidos de 25
alumnos/as por aula (tendo un aula de 26 alumnos/as). Entendemos pois, que fixeron o que tiñan que facer,
de non ser así, teríamos outra queixa máis na nesta historia contra deles. E agora alegarán que o Goberno
Central marca ata 27 de ratio en caso de necesidade e que eles poden facelo… Ao que nos dicimos que, a
única necesidade real na Educación Pública é a de TER PERSOAS RESPONSABLES DE GARANTIR A CALIDADE
NA EDUCACIÓN TANTO PARA O ALUMNADO COMO PARA OS PROFESIONAIS que a fan posible.
Continuando coa necesidade que esta Xunta Directiva ten de xustificar os seus pasos ante as
acusacións/ataque que o Concello fai co seu Comunicado, o 8 de setembro, ante o silencio e coincidindo co
comezo do curso, convocamos unha concentración na Praza do Concello onde toda a comunidade
suplicaba á Xefatura Territorial que arrecuase na súa decisión e ao Concello de Ribeira que se pronunciase
ao noso favor, a favor do seu pobo e con independencia da militancia política dos seus membros.
Pero comezaron as clases, e son as crianzas as que teñen que vivir día a día coas consecuencias deses
recortes, polo que nos sumamos á iniciativa Coles Negros, onde todos os xoves en vez de empregar a voz
empregamos as imaxes para dicir que estamos de loito pola Calidade no Ensino. Pero nin nos ven nin nos
oen.

Agradecendo enormemente a súa pronta resposta, quedamos a súa enteira disposición.”

Ao noso Executivo, polo que din no seu comunicado, parécelle pouco tempo (pois é so un terzo do legal),
pero para nos, e para as familias que nos defendemos, é moito tempo. E a Valedora do Pobo parece ser que
así o tivo en conta á hora de admitir a trámite a nosa demanda. Agradecidos estamos de poder contar con
ela.

E, xa para rematar, queremos aclarar outro tema, que o Concello alude no seu comunicado e que corre
paralelo aínda que é un tema moi diferente, pois tamén leva tempo sendo demandado por esta asociación
ante o Goberno Local, e tamén foi denunciado ante a Valedora do Pobo, pero que a día de hoxe non temos
aínda confirmación de admisión a trámite (máis é evidente que o ten cando eles xa son coñecedores do
mesmo). Trátase da demanda que xa o curso pasado (13 abril) iniciamos ante a necesidade urxente de
arranxo e beirarrúas na rúa de acceso traseiro ao centro educativo. A circulación, o mal estado da rúa e a
ausencia de beirarrúas dificulta moitísimo o acceso ao colexio e existe un altísimo risco de atropelo ou
accidente.
Sempre existiu esta necesidade, máis o curso pasado fixémolo oficial porque coa chegada da COVID19 e a
necesidade de implantación dos protocolos de protección e prevención fronte a ela, obrigou ao centro a
empregar a rúa e portal de atrás do colexio como entrada/saída do alumnado, tendo un volume importante
de vehículos e peóns nas horas de entrada e saída das clases.

Nun primeiro intre, o Concello respondeu (7 xuño) colocando unha sinal de prohibido aparcar, dirección única e un paso de peóns, pero as beirarrúas quedaron pendentes de orzamento.

Este curso, a 18 de setembro, retomamos a demanda emitindo outro escrito ao concello recordando o carácter de urxencia da nosa proposta, pois nada máis comezar o curso sucedéronse numerosas situacións de risco nesa rúa.

Mais non obtivemos máis resposta que o silencio… unha vez máis. Isto motivou a que esta Xunta Directiva, e en resposta a forte demanda das súas familias, denunciásemos a situación ante a Valedora do pobo o pasado 5 de outubro, obrigados pola responsabilidade que como ANPA temos de previr e non lamentar despois o non ter feito nada.

Somos conscientes que os orzamentos e as obras municipais son tremendamente lentas (demasiado), pero unha resposta por parte dos responsables, un cebreado na zona da beirarrúa, vixilancia policial ou a proposta de calquera solución similar, sería, a noso entender, a postura correcta do Executivo, no canto do silencio e a omisión.

Outros artigos

Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira. Trátase dunha peza para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...