Xosé García Bustelo e César Serrano reciben os Premios Ramiro Carregal

10 Setembro 2021


O doutor Xosé García Bustelo recibiu o IX Premio Internacional –polo seu labor no ámbito preclínico que permitiu avanzar no coñecemento da orixe do cancro– e o doutor César Serrano García recibiu o II Premio Talentos Emerxentes –pola súa investigación en sarcomas-

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, participará na entrega do IX Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal e do II Premio Ramiro Carregal a Talentos Emerxentes en Investigación Oncolóxica. foto xoán crespo

O Premio Internacional está dotado con 20.000 euros e o destinado aTalentos Emerxentes ten unha contía de 6.000 euros.

Ramiro Carregal asegurou sentirse dobremente feliz neste acto por: “A difícil situación que vivimos e polas persoas que foron premiadas: César Serrano, un doutor aínda moi novo e cunha prometedora carreira, e o galego Xosé Bustelo, un dos investigadores máis relevantes do momento no ámbito oncolóxico”.

No acto, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeu a aposta da Xunta pola prevención, a detección precoz e a innovación na loita contra o cancro.

Entrega do IX Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal e do II Premio Ramiro Carregal a Talentos Emerxentes en Investigación Oncolóxica. foto xoán crespo

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a Xunta seguirá apostando pola prevención, a detección precoz e a innovación para avanzar na loita contra o cancro.

Durante a entrega do IX Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal e do II Premio Ramiro Carregal a Talentos Emerxentes en Investigación Oncolóxica, Feijóo destacou algunha das medidas postas en marcha na Comunidade nos últimos anos como os programas de detección precoz de cancro de cérvix e de cancro colorrectal, ademais do de cancro de mama.

Así mesmo, recordou as melloras implantadas nas fases de diagnóstico e tratamento, coa creación das vías rápidas para atender a pacientes sospeitosos dunha patoloxía grave en menos de 15 días; ou coa aprobación do decreto de garantías de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias, un texto que asegura a atención hospitalaria programada e non urxente nun prazo de 60 días para intervencións cirúrxicas e de 45 días para as primeiras probas diagnósticas.

Sobre este último punto, resaltou que ata xuño deste ano máis de 36.000 galegos beneficiáronse desta garantía.

En relación á aposta pola innovación, Feijóo resaltou a instalación de sete robots cirúrxicos Da Vinci de alta precisión e confirmou un investimento de 2,5 millóns de euros para a posta en marcha do primeiro centro de produción de medicamentos CAR-T na Comunidade, para producir fármacos destinados a terapias celulares; así como o obxectivo de incorporar ao sistema sanitario galego a protonterapia para o tratamento de tumores sensibles.

O presidente da Xunta concluíu referíndose á excepcionalidade destes premios tanto pola vocación filantrópica de Ramiro Carregal como polo talento e o compromiso dos premiados, reflectidos nas súas achegas ao coñecemento.

Entrega do IX Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal e do II Premio Ramiro Carregal a Talentos Emerxentes en Investigación Oncolóxica. foto xoán crespo

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.