Veciños da Pobra e visitantes poderán viaxar ás Cíes en catamarán o día 25

10 Setembro 2021

O Concello da Pobra informou de que o 25 de setembro celebrarase unha viaxe en catamarán a Cíes, pertencente ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, con saída dende a vila do Caramiñal.

Trátase da sexta travesía en catamarán configurada para este 2021 froito da colaboración por terceiro ano consecutivo entre a Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), e a empresa Piratas de Nabia.

A saída está programada para as 09.30 horas dende o municipio e o regreso establécese para as 18.30 horas dende Cíes. O prezo da viaxe, con ruta guiada incluída, estipúlase nos 25 euros para as persoas adultas e nos 15 euros para nenos e nenas.

As reservas deben formalizarse con antelación a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986 320 048. Tamén se pode solicitar información e resolver dúbidas en www.apobra.gal/turismo ou no 687 482 835. A empresa xestionará directamente a tramitación das autorizacións de entrada ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...