O pavillón polideportivo de Palmeira ‘Alcalde Torres Colomer’ vai dar cabida ao longo da xornada de de mañá sábado a un torneo feminino de voleibol que vai servir ademais para promocionar o Camiño de Santiago A Orixe.
O evento foi presentado esta mañá no consistorio ribeirense polos concelleiros de Deportes e Turismo, Javier Sampedro e Ramón Doval, por Manuel Mariño como presidente da Asociación de Amigos de Camiño A Orixe, e por Ramón Gonxález e Andrés Martínez en representación de Voley Playa Madrid e de club de voleibol de Ribeira.
Segundo explicou o ribeirense Ramón González, promotor da iniciativa, o obxectivo deste torneo, que conta co patrocinio de Congalsa, reside en divulgar a práctica do voleibol na zona.
Competirán equipos da Coruña (Zalaeta e Calasancias), Ames (Bruxas) e Madrid (Voley Playa Madrid) a partir das 10 da mañá.
Campus nacional
Ademais, anunciou que o vindeiro verán desenvolverase un campus nacional de voleibol e volei praia grazas á colaboración de Congalsa, do Concello e do club ribeirense.
Andrés Martínez aplaudiu a iniciativa de celebrar este torneo, no que asistirán os integrantes do club local
Ademais, aproveitando o torneo, as xogadoras de Voley Playa Madrid percorrerán a partir das 17.30 horas un quilómetro e medio do Camiño de Santiago ‘A Orixe’, entre Coroso (á altura do camping) e a igrexa de Palmeira, no ánimo de promocionar este itinerario que vai de Corrubedo a Compostela.
