Un ferido na Pobra do Caramiñal despois de colidir tres vehículos

02 Setembro 2021

Un accidente con tres vehículos implicados deixou, unha persoa ferida no concello coruñés da Pobra do Caramiñal.

Ocorreu sobre as 09:30 horas, cando os vehículos circulaban á altura da alameda do pobo. Así o indicaba o alertante, que se identificou como un dos implicados, ao 112 Galicia. Aínda que nun primeiro momento se aseguraba que ninguén resultara ferido, minutos máis tarde, foi requirida a asistencia sanitaria para un dos afectados.

Por iso, desde o 112 Galicia ademais de poñer a situación en coñecemento dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil, pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Ribeira, cuxa intervención foi precisa para a limpeza dunha mancha de aceite que quedara espallada pola estrada a causa do impacto.

Accidentes y noticias

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.