Tres empresas interésanse por executar as obras da envolvente térmica do Conservatorio de Ribeira

27 Setembro 2021

Un total de tres ofertas foron presentadas á actuación dirixida á renovación da envolvente térmica do Conservatorio Profesional de Música ‘Enrique Paisal’: unha intervención cuxo prezo de licitación ascende a 612.167,68, IVE incluído,
que está enmarcada dentro da ‘EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020’ cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 e adscrita á liña de actuación ‘Mellora da eficiencia enerxética de infraestruturas públicas’.
De acordo co proxecto técnico elaborado, vanse efectuar os seguintes traballos:
 Retirada de todas as carpinterías existentes, preparación e adaptación de ocos de fachada para colocación de novas
carpinterías con vidros illantes.
 Retirada dos revestimentos de mármore existentes das fachadas, demolición das pilastras entre xanelas, e substitución por un sistema de fachada ventilada con illamento e panel de cemento tipo Swisspearl.
 Limpeza e saneado de fachada e achega de illamento e SATE.
 Limpeza e saneado de forxado de cuberta, instalación de illamento e substitución da cuberta de chapa existente.
 Substitución da caldeira existente por unha nova de gas e reforma da sala de caldeiras en soto para adaptación ás novas instalacións necesarias.
 Reparación de humidades interiores.
O prazo de execución son cinco meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.