Suma Ribeira advirte que defenderá as súas achegas e críticas no pleno de orzamentos do luns

17 Setembro 2021

A agrupación Suma Ribeira vén de comunicar que afrontará o pleno extraordinario de orzamentos que se vai celebrar o próximo luns no Consistorio “dende a crítica e as achegas que considera fundamentais para estas contas”, pois considera que “non son os orzamentos acaídos ás necesidades do concello”. Ademais, o grupo que coordina Xurxo Ferrón opina que “son uns orzamentos feitos dende a falta de diálogo e transparencia esixíbeis a un proxecto desta envergadura, o que supón”, engadiu, “unha falta de respecto total á oposición e, por ende, ao bo número de veciños e veciñas representados polos grupos que non participaron na elaboración dos mesmos”.

Xurxo Ferrón, voceiro de Suma Ribeira

O voceiro de Suma Ribeira, Xurxo Ferrón, laiouse de que” o alcalde pretenda enganar á cidadanía e enlixar a vida política acusando a quen se opón a estas contas”, feitas, sinalou, con “nocturnidade e aleivosía” da man do grupo do PSOE. Ferrón engadiu que “o pacto cos socialistas vai máis alá dos orzamentos para o vindeiro ano”, xa que se trata, opina, “dun protocolo de actuacións para o desenvolvemento de accións conxuntas no período 2021-2023, do que ficaron excluídas as agrupacións Suma Ribeira, BNG e Partido Independente do Barbanza, malia sumar un concelleiro menos que PP e PSOE xuntos”.

E apuntou: “A única opción a participar nas contas de 2021 que se deu ao resto dos grupos, alomenos a Suma Ribeira, foi a través dun contacto telefónico, cos orzamentos xa case pechados, no que o rexedor explicou que os orzamentos eran unha estrutura complexa de difícil encaixe, pero que se tiñamos algunha achega concreta que se puidese incorporar no conxunto sen necesidade de facer cambios importantes que lla fixésemos chegar, sempre que de ser aceptada estivésemos en disposición de absternos ou incluso votar a favor das contas no pleno”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.