A Subdelegación de Goberno e Concello de Ribeira acordan novas medidas para avanzar na loita contra a violencia de xénero

09 Setembro 2021

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López; e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, copresidiron esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade, na que se acordou avanzar na loita contra a violencia de xénero impulsando as diferentes mesas de coordinación como paso previo á posible incorporación do Concello ao sistema Vioxen de seguimento das vítimas.
Tanto a subdelegada do Goberno como o alcalde resaltaron a boa coordinación existente entre a Policía Nacional e a Policía Local pero coincidiron en avanzar neste proceso. De feito, amosaron a súa decisión de activar a Mesa Local de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero na que estarán presentes tanto os representantes das forzas e corpos de seguridade, como o propio Concello, Centro de Información á Muller, a Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno e outros axentes sociais, educativos e incluso xudiciais, para debatir e avaliar a situación da violencia machista e plantexar neste sentido posibles accións de prevención e información.
Tamén está previsto reactivar a Mesa de Coordinación Policial, neste caso integrada de forma exclusiva polos representantes das forzas e corpos de seguridade, nunha iniciativa xa apuntada en anteriores encontros pero que debido a situación sanitaria non foi posible desenvolver. O propósito final é avanzar na integración do Concello e da súa Policía Local no sistema Vioxen de seguimento das vítimas, para o que é necesario asinar un convenio de colaboración entre o municipio e o Ministerio de Interior. Esta adhesión permitirá á Policía Local acceder á base de datos do propio ministerio para facer un seguimento das vítimas de xénero existentes na cidade, asumindo de forma directa unha pequeña porcentaxe de estos casos.
Por outra parte, na reunión realizouse unha análise da seguridade cidadá no Concello e comprobouse que as estadísticas manteñense en niveis similares aos de 2019. Os datos correspondentes a 2020 veñen determinados pola situación sanitaria e o período de confinamento e restriccións, polo que se tomou como ano de referencia o anterior.
Non obstante, houbo un lixeiro aumento das infraccións penais pero en gran parte foi debido ao notable incremento de delitos informáticos e cibernéticos, que experimentaron unha subida do 47 por cento, dentro da liña existente en todo o territorio español.
Acordouse igualmente incidir na vixilancia e control dalgunhas zonas da cidade a pesar de ser conscentes de que situacións como as que se están a dar nas Abesadas pasan pola vía xudicial. Ademáis, tanto Policía Nacional como Policía Local e Policía Autonómica intensificarán as súas accións contra o consumo de alcohol na vía pública
ou a venda de alcohol a menores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.