Semana Grande das festas na comarca

10 Setembro 2021

A Barbanza enfila setembro coa celebración das festas mais sobranceiras e emblemáticas. O Son, Ribeira, Rianxo e A Pobra entre outras parroquias celebran as súas festas tradicionais.

O SON- O CARMEN (7 a 11 de setembro)

O concello sonense enfila os seus derradeiros días das Festas do Carme.

A área de Cultura do Concello de Porto do Son compartiu co nós o programa de citas e espectáculos e demais actividades das Festas do Carme da vila sonense. A axenda desenvolverase entre os días 7 e 11 de setembro.

  • 7 de setembro – Véspera
    Canlebó de Camboño
    MaloSerá ás 12.30 horas na praza de
    España
  • 8 de setembro – O Carme
    Canlebó de Camboño
    Misas ás 10:00h na Capela da Atalaia e
    ñas 12:00h no Xardín Portuario
    As Lens ás 13:30h na Fachada Marítima
    Narci Rodriguez ás 13:30h na praza de
    España. (Rede Cultural da Deputación da
  • Coruña).

Tarde para a cativada! De 16:30h a
20:30h, inchables e espuma no xardín do
porto sonense.
Grupo “A Misela” ás 21:30h na Praza
de España (será preciso inscrición previa
entrada)

  • 9 de setembro – O Loreto Misas ás 9:00h, 10:00h, 11:00h, 12:00h, 13:00h, 19:00h e 20:00h na Capela do Loreto
    Autorízase ir a comer ao Campamento
    do Loreto, mais por prevención fronte ao COVID19 (nota: non haberá sardiñada) O son do Pote
  • 10 de setembro – San Roque Canlebó de Camboño Misas ás 10:00h e ás 12:00h na Capela da Atalaia.

Loren Tevra ás 13:00h na Fachada Marítima Luar na Lubre (será preciso inscrición previa entrada · Actuación pertencente á Política Lingüística da Xunta de Galicia) (Teloneiros) Dequenvessendo.

  • 11 de setembro – A Caridade Canlebó de Camboño Misas ás 10:00h e ás 12:00h na Igrexa Parroquial DJ Geno · Cabina Móbil e Discotecas Móbiles ás 13:00h na Fachada Marítima Banda Cultural Vila de Noia ás 13:00h na Praza de España (O País das Bandas · Xacobeo 2021) Festa da Auga con inchables acuáticos e espuma de 12:00h a 14:00h e de
    16:30h a 20:30h no xardín do porto Stormy Trucks ás 21:00h na praza de España

  • RIBEIRA- SANTA UXÍA 8 (10 a 12 de setembro)

As Festas de Santa Uxía en Ribeira volven ser este ano o que nunca deixaron de ser: unha das grandes celebracións galegas do treito final do verán. Para esta edición, o Concello fixo un esforzo especial para tentar reivindicar o espírito da celebración ao tempo que se preparou un programa diverso e integrador e garantíronse todas as medidas esixidas de seguridade anti-COVID. A axenda das celebracións da patroa de Ribeira, presentada este 7 de setembro polo cura párroco Alfonso Mera e a concelleira de Cultura María Sampedro, inclúe unha decena de actividades. “Servirán”, sinalaron, “para celebrar esta fin de semana as tradicionais Festas de Santa Uxía en conmemoración da patroa da cidade, cuxa onomástica é este 12 de setembro”.

O programa arrancará ás 20.15 horas do venres 10 de setembro cun espectáculo familiar na praza do Concello a cargo de asSircópatas, que porá en marcha a función Abracadaver. Ás 22 horas na praza da Porta do Sol terá lugar un concerto por Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo.

O sábado 11 de setembro a xornada comezará coa ruada de Andavía, a partir das 10.30 horas, polo casco urbano da cidade.

Da man da Asociación de Amas de Casa principiará ás 18.30 horas no Auditorio unha innovadora ruada de exaltación do traxe galego que desembocará unha hora despois na praza do Concello, onde haberá un desfile e actuacións musicais.

E ás 20.15 neste último emprazamento desenvolverase o espectáculo familiar de Charo Pita titulado Andar aos biosbardos. A xornada concluirá a partir das 22.15 horas cos concertos acústicos de Mikel Erentxun e Monoulious Dop no paseo do Malecón. A apertura de portas terá lugar ás 21.30 horas e será de aplicación o protocolo COVID, con espazo acoutado, cadeiras e uso obrigado de máscara.

Por último, o propio domingo 12 de setembro arrancará ás 10.30 horas cunha nova ruada por Andavía; ás 11 horas desenvolverase un desfile da banda de música de Lousame; e ás 12 do mediodía oficiarase no adro da igrexa unha misa solemne na honra da patroa, que tras rematar dará paso a un pequeno concerto pola Banda de Música de Lousame. A festividade porá o peche ás 13 horas cun concerto na praza de Compostela ofrecido pola banda Rockolas.

RIANXO- A GUADALUPE (11 a 17 setembro)

Do 10 ao 17 de setembro de 2021 celebranse as Festas da Guadalupe de Rianxo

As festas de Rianxo porexcelencia, as celebracións da Guadalupe, seguen vivas malia as moitas adversidades que nos deparou este ano e medio de COVID. A luz continua acesa, tanto nas rúas da vila coma nos corazóns da súa estensa comunidade de seareiras e seareiros da Guadalupe que se contan no concello, na comarca e en todos os lugares do mundo onde se coñece a melodía e a letra da Rianxeira, que son moitos, variados e complementarios.
Este ano a organización, en colaboración co Concello, fixo un esforzo especial para lograr o equilibrio perfecto entre espectáculo e sentidiño, entre o modelo festeiro tradicional e as medidas restritivas que impón a pandemia.
E de certo que van camiño de conseguilo.
Todas as actividades serán na praza Castelao. Haberá aforo limitado (con acceso por orde de chegada).
As actividades comezaron xa o día 3 de setembro (coa novena que prosegue até o día 11 ás 19.30 horas na igrexa
parroquial) e arrincarán por todo o alto o o sábado 11 con Río do Anxo (ruada pola parroquia ás 10.00 horas), a Charanga Vai de Roda (alborada a partir das 11.00), a Banda Unión Musical de Meaño (ás 18.00 horas) e Leite con Jalletas (concerto ás 20.00 horas).
O domingo a festa prosegue coa Banda Buxaina de Taragoña (alborada ás 9.30 horas), coa misa solemne (ás 10.00,
ás 11.15 e ás 12.30 horas no Campo, cantada pola Coral Abraira de Asados), coa Banda de Música de Vilatuxe (ás 18.00
horas) e con Mariachi Platino (ás 20.00 horas).
O luns 13 de setembro continúa o programa coa Banda de Música de Arca (ás 18.00) e con José Manuel de Abanico
(ás 20.00 horas). O martes 14 a axenda tráenos á Escola de Música de Rianxo (ás 18.00) e ao Mago Noel Show (ás 20.00). O mércores será a quenda da Banda Artística de Arcade (ás 18.00) e do músico galego Pakolas (ás 20.00 horas, presentando o seu espectáculo infantil Rockeando con Ramona Órbita); e xoves 16 actuarán a Banda de Música de
Catoira (ás 18.00 horas) e máis Os Carunchos (ás 20.00).

A última xornada, a do 17, comezará coa actuación de Fuego Fatuo (alborada) ás 11.00 horas e proseguirá pola tarde, ás 18.00 horas, cunha das bandas galegas preferidas da rapazada: Uxía Lambona e a Banda Molona. Poñen o broche de ouro a charanga BB+, ás 20.00 horas.
Organiza a asociación A Moreniña, coa colaboración do Concello e a Deputación da Coruña.

A POBRA DO CARAMIÑAL- O NAZARENO (17 ó 20 de setembro)

A Pobra do Caramiñal celebra na terceira finde de setembro (do 17 ao 20) un dos grandes acontecementos do calendario da nosa terra: a celebración do Nazareno, declarada Festa de Interese Turístico Galego no ano 2000. O
programa de actividades virá marcado novamente pola necesidade de garantir a seguridade sanitaria (aspecto no
que traballou arreo o Concello, tal e como explicamos nas seguintes liñas), polo que novamente (coma na anterior
edición) prevalecerán as actividades controladas que velen polo distanciamento e maila seguridade. Con todo,
tamén se fixo dende o Consistorio un esforzo extra para que sigan quedando claros os motivos polos que O Nazareno
converteuse hai xa moitos anos nun dos grandes eventos festivos de toda a xeografía galega. A axenda preparada
(con misas e actividades relixiosas, por unha banda, e concertos, espectáculos infantís e música tradicional, pola
outra) encargarase do dito cometido.
Poderemos coñecer máis detalles da mesma estes días a través da web municipal, apobra.gal.
Dispositivo de seguridade
Para a xornada do domingo 19, a parroquia, a comisión e o Concello poñen en marcha, ao igual que no ano
pasado, “un amplo dispositivo de seguridade” co que garantir a seguridade e saúde pública, tal e como anunciaron
en rolda de prensa cos medios (este 9 de setembro) o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira dos
Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra); o seu homólogo da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra); e o presidente da comisión do Nazareno, José García.
No que respecta á loxística, a edil Estefanía Ramos detallou o mecanismo artellado de cara a celebración dos oficios, dos cales tres serán na praza Alcalde Segundo Durán (ás 11.15, 12.15 e 13.15 horas). Para tal ocasión, instalarase un toldo de 800 metros cadrados, montarase o palco para o uso do párroco e disporanse cadeiras coa distancia de seguridade. Amais, poranse baños portátiles, que estarán suxeitos a limpeza e desinfección frecuentes, ao igual que os asentos.
A cabida máxima por cada oficio establécese nas 500 persoas e o acceso á dita praza será mediante unha entrada
con código QR. Os tíckets pódense conseguir xa de maneira telemática a través do enderezo electrónico nazarenopobra@gmail.com. Será preciso indicar nome e apelidos da persoa titular das entradas e o número de
tíckets que se precisan, un número de teléfono e especificar a hora da misa á que se quere asistir. Así mesmo, persoas voluntarias da Protección Civil realizarán un reparto presencial á entrada da novena na igrexa de Santiago do Deán, dende o día 10 ata o 18. De non completarse a cabida, no propio día 19 habilitaranse dous postos: un na rúa Díaz de Rábago, fronte as escaleiras de acceso ao adro da igrexa de Santiago do Deán, e outro nos Xardíns de Valle-Inclán, ao carón do quiosco Castillo. Establécese un máximo de 4 tíckets por persoa.
Porén, retransmitirase por streaming o oficio das 13.15 horas a través da canle do Youtube do Concello da Pobra
do Caramiñal.
No referente á seguridade, o edil José Andrés Lojo anunciou que do día 17 ao 20 reforzaranse as gardas
da Policía local. No propio día 19, contarase con efectivos da seguridade privada para controlar o acceso e
circulación dentro da praza Alcalde Segundo Durán; membros da Policía local; Protección Civil; e tamén se solicitou
a presenza da Garda Civil para dar apoio. De cara a prevención de emerxencias sanitarias, haberá unha
ambulancia medicalizada nas inmediacións.
Amais, sinalou que para esa xornada cortarase o tráfico rodado na rúa Díaz de Rábago e no treito de estrada que
separa os Xardíns de Valle-Inclán e a praza Alcalde Segundo Durán. A circulación, tanto en dirección Ribeira coma Boiro, estará indicada con sinalización viaria circunstancial.
Pola súa parte, o presidente da comisión do Nazareno, José García, indicou que os días 17, 18, 19 e 20 haberá salvas e alboradas, botaranse bombas de palenque e lembrou os oficios que se celebrarán no propio templo, cuxa cabida estará limitada e efectuarase a desinfección do espazo.

Outros artigos

O Elma acolle este venres a proxección de “Matria”

O Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal, no marco do ciclo Venres de Cine, acolle este venres 13 de febreiro a partir das 21.00 horas a proxección do filme galego Matria, dirixido por Álvaro Gago. A entrada é de balde ata completar a cabida. Organiza a concellaría de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...