Rianxo acolle este sábado un concerto comentado na igrexa

17 Setembro 2021

A igrexa de Santa Columba de Rianxo é escenario este sábado 18, ás 20.45 horas, do concerto comentado “A maxia da música española”. Será un repertorio integrado por obras de grandes mestres españois de finais do século XIX e comezos do XX, entre os que figuran Pablo de Sarasate, Isaac Albéniz, Enrique Selectos e Manuel de Falla.
O concerto correrá a cargo do grupo galego “Ensamble Iulius XIII”, nesta ocasión en formato de trío, composto por Carmen Ferreiro Soto (frauta), Alfredo Gómez Sieiro (clarinete) e Ludmila Shevyakova (piano). A formación interpretará arranxos propios, e comentará co público as diferentes obras, achegando así coñecementos sobre o compositor e a época musical na que se crearon.

A actuación será gratuíta, dado o seu carácter divulgativo e de revalorización da música de pentagrama e partitura. Xurdido da fusión doutros grupos precedentes, este ensamble convértese en 2008 na formación residente de música de cámara do proxecto Iulius XIII.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...